Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37324

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial a Richard José Duro Fernández.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 1 de setembro de 2011 (BOE do 16 de setembro), para a provisión da praza número 11/014 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Departamento de Computación desta universidade, a favor de Richard José Duro Fernández, con DNI núm. 32766008R, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Richard José Duro Fernández, catedrático de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Departamento de Computación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 24 de novembro de 2011.

José M.ª Barja Pérez
Rector da Universidade da Coruña