Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37327

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (856/2008-CON).

Nas actuacións sobre o recurso de suplicación número 856/2008-CON a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 38/2007 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra o Servizo Galego de Saúde, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María Ángeles Tomasa Castro Moretón, Obra Sindical 18 de Julio Nuestra Señora de Fátima, sobre xubilación, con data 28 de novembro de 2011 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, con estimación do recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, anulamos a sentenza que con data de 10.12.2007 foi ditada en autos tramitados polo xulgado número 1 dos de Santiago de Compostela, co obxecto de que con plena liberdade de criterio se dite nova resolución que emende as deficiencias que expresamos na nosa fundamentación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorporarase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co que se prevé no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Obra Sindical 18 de Julio Nuestra Señora de Fátima, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña, 28 de novembro de 2011.

O/A secretario/a xudicial