Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 17 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores OU 176/03 IN e OU 195/03 IN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará a seguir, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 11 de febreiro do 2003, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2003, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar, por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos, segundo ó establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 17 de novembro de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./Nº anoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción A

OU 176/03 INManuel Machado Rodrígues

X-1508160-G

R/ Cerezo nº 1,

50003 Zaragoza

Abandono de vehículo

C-5552-AJ

Art. 137 e) do Regulamento de 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e IF300,51 A

OU 195/03 INBeatriz Sierra Ferreira

34982077

R/ Marcelo Macías 162,

32002 Ourense

Abandono de vehículo

OU-9001-I

Art. 137 e) do Regulamento de 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e IF300,51 A