Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 17 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 277/03 IN e oito máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense.

Ourense, 17 de novembro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./Nº anoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción A

OU 277/03 INJosé Manuel García Fernández

34537344

R/ Paseo

32350 A Rúa

Abandono de vehículo

LU-7934-G

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 314/03 INDomingo Rodríguez Hortas

10454452-D

Arzádegos

32616 Vilardevós

Abandono de vehículo

M-948406

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 319/03 INMª Purificación Vázquez Rodríguez

34921321-F

San Amaro nº 78,

32500 O Carballiño

Abandono de vehículo

PO-4629-J

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 321/03 INFelisindo González Álvarez

34531914-J

San Amaro s/n,

32500 O Carballiño

Abandono dunha cantidade indeterminada de vehículosArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 329/03 INBerta Moreira Estévez

34948467

Amiudal

32520 Avión

Abandono de vehículo

OR-6943-E

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 332/03 INNalika Bick

X-255284-F

R/ Os Remedios nº 44,

32002 Ourense

Abandono de vehículo

OU-4819-L

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 335/03 INAutos Jhon S.L.

05140959

Estrada de Salamanca nº 11

05002 Ávila

Abandono de vehículo

AV-4180-G

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 339/03 INÁngel Nogueira Alas

34918955

Valencia do Sil

32340 Vilamartín de Valdeorras

Abandono de vehículo

LE-2934-H

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A

OU 349/03 INFélix Antonio García Rodríguez

34257263

R/ Ourense nº 71, 1º

27400 Monforte de Lemos

Abandono de vehículo

LU-3675-F

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. forestais300,51 A