Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de caza OU-2002/064.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo á devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: caza (Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia).

Número de expediente: OU-2002/064.

Interesado: Ángel Salcedo Matamoros.

Contido da resolución: caducidade, sen prexuízo da procedencia de incoar un novo expediente sancio

nador polos mesmos feitos, ó non ter transcorrido o prazo establecido para a prescrición da infracción, segundo o disposto no artigo 60 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Último enderezo coñecido: estrada de Laza, 66. 32600 Verín. Ourense.