Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-CN-2003/12 (conservación da natureza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador, por infracción á Lei 4/1997, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Antonio Álvarez Fernández e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusa-lo en calquer momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 21 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-CN-2003/12.

Denunciado: Arturo Novas Pérez.

Último enderezo coñecido: r/ Balea Marítima, nº 62, do Grove (Pontevedra).

DNI: 35247423-S.

Feitos denunciados: vertedura e estiramento de pedras e terra, cunha superficie aproximada de 250 m, cunha altura nas beiras de entre 70 cms e 1 m nun predio situado nas proximidades da Lagoa Bodeira, dentro dos límites do espacio natural protexido.

Data do acordo da incoación: 24-10-2003.

Precepto infrinxido: artigo 38.2 da Lei 4/1997, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1997, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 1.502,53 euros, e restauración do medio ó ser e estado previo o feito constitutivo da infracción.