Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as incoacións dos expedientes de responsabilidade patrimonial RP-2002/88-PO e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes de reclamación patrimonial por danos producidos por xabarín, que tramitará este Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra, que realizará os actos de instrucción necesarios para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se deba pronuncia-la resolución ou, se é o caso, o acordo indemnizatorio que poña fin ó expediente.

Para os efectos da instrucción do expediente, lémbrolle a obriga de achegar, no prazo de dez días, mediante orixinais ou fotocopias compulsadas:

-A documentación acreditativa do título de propiedade do predio no que manifesta térense producido os danos, ou

-Documento acreditativo do título que o faculta para explora-lo referido predio (contrato de aluguer, cesión, etc.), e

-Se é o caso, autorización do/a propietario/a para reclamar (achégase modelo).

Así mesmo, e á vista do disposto no artigo 6 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, faise necesario solicitarlle que, no sinalado prazo de dez días, complete a súa reclamación cos seguintes extremos:

-Superficie total do predio afectado.

-Superficie dedicada a cada cultivo.

-Superficie danada de cada un dos cultivos.

-Tipo, clase e categoría do cultivo danado.

-Densidade, aproximada, de plantas por m.

-Acreditación de que os danos causados se deben á acción dos xabarís (relación de causalidade).

Doutra banda, poderá vostede facer e achegar, no indicado prazo, cantas outras alegacións, documentos e informacións coide oportunos, sinalando, se é o caso, a proposición de proba, e concretando os medios de que pretenda valerse.

De conformidade co disposto no artigo 42.5º a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, suspéndese o transcurso do prazo máximo establecido para a resolución e notificación deste procedemento polo tempo que medie entre a notificación deste requirimento e ó seu efecto cumprimento polo destinatario ou, no seu defecto, o transcurso do prazo concedido, todo iso sen prexuízo do previsto no artigo 71 da mesma lei.

A documentación sinalada deberá remitirse ó Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra. De acordo co disposto no artigo 71.1 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de non remiti-la documentación solicitada no prazo sinalado, poderase ter por desistido da súa petición.

Pontevedra, 24 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RP-2002/88-PO.

Reclamante: María Gómez.

Último enderezo coñecido: Zoce, nº 2 de Nespereira-36841 Pazos de Borbén (Pontevedra).

DNI: 76979357-J.

Reclamación: danos producidos por xabarís varios días do mes de xuño de 2003, nun predio situado no lugar do Valado, Nespereira, do concello de Pazos de Borbén.

Data do acordo da incoación: 26 de setembro de 2003.

Expediente: RP-2002/91-PO.

Reclamante: Perpetuo Camiña.

Último enderezo coñecido: O Valado, nº 5-Nespereira-36841 Pazos de Borbén (Pontevedra).

DNI: 35997044-C.

Reclamación: danos producidos por xabarís o día 14 de xuño de 2002, no predio sito no lugar do Valado, Nespereira, do concello de Pazos de Borbén.

Data do acordo da incoación: 26 de setembro de 2003.

Expediente: RP-2002/93-PO.

Reclamante: Mercedes Santos Tomé.

Último enderezo coñecido: A Presa-Cepeda (Pontevedra).

DNI: 76991094.

Reclamación: danos producidos por xabarís o día 4 de xuño de 2003, sobre as 24.00 horas, nun predio situado no lugar de Alvite, Nespereira, do concello de Pazos de Borbén.

Data do acordo da incoación: 26 de setembro de 2003.