Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-INC-03/114 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo no Servicio Técnico Jurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª plan

ta, (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 20 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-INC-03/114.

Denunciado: Manuel Alfilio Vales Bahamonde.

Último enderezo coñecido: Trav. Casimiro Gómez, 4-2º B, 36002 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.