Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.345

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO (187/2003).

No procedemento de referencia dictouse resolución do teor literal seguinte:

«Dictamino que estimando a demanda destas actuacións, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento con data do 20-7-1999, que sobre o inmoble sito no baixo do edificio 179-181 da rúa Real desta cidade, existía entre o demandante e o demandado, por falta de pagamento das rendas pactadas, e consecuentemente debo declarar e declaro ter lugar o desafiuzamento do demandado Idiomas Ferrol, S.L. do expreso predio, apercibíndoo de que se non o desaloxa dentro do termo legal, será lanzado dela e pola súa conta, con expresa condena das custas ó demandado.

Esta resolución non produce efectos de cousa xulgada.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes en legal forma, da que se unirán testemuño ós autos e contra a que non cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que poderá prepararse se é o caso ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte á súa notificación, de acordo co artigo 457 da LAC, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Idiomas Ferrol, S.L. na persoa de Alfredo Quintas Ponte, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, catorce de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE LUGO