Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.345

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (61/2003).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado, de declaración de falecemento nº 61/2003, seguidos por instancia de María del Carmen Sampedro Pérez, para a declaración de falecemento de Cipriano González Lestayo, que naceu en Ribeira o día 12 de decembro de 1963, fillo de Cipriano e Rosa, o cal desapareceu no mar o día 21 de novembro de 1988 cando se encontraba traballando na barca de pesca chamada Pena do Altar, na zona de Muxía; se vivise, nestas datas, o desaparecido tería 40 anos.

E para a súa inserción no DOG, para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axui

zamento civil, en relación co 193 e concordantes do Código civil, expido e asino este edicto en Corcubión o 21 de novembro de 2003.

Corcubión, 21 de novembro de 2003.

Juan Fco. Riobó Fernández

Secretario

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE FERROL