Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.344

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CHANTADA

EDICTO (318/2000).

Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada (Lugo), dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de menor contía a que se fará mención se dictou a sentencia que, en canto ó seu encabezamento e parte dispositiva, literalmente din:

«Sentencia número 53/2003.-En Chantada, o dezasete de xuño de dous mil tres.-Vistos por María Fidal

go Fidalgo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada, estes autos de xuízo de menor contía número 318/2000, seguidos neste xulgado por instancia da entidade mercantil Prebetong Lugo S.A., representada pola procuradora Sra. González Ouro e defendida pola letrada Paloma Becerra Fernández, contra Luis Castro Casal, representado polo procurador Sr. Mato Calviño e defendido polo letrado Antonio Vázquez Portomeñe, conformándose coa demanda, e contra a entidade Roig & Castro, S.L. e contra Miguel Rogelio Roig Varela, ambos en situación de rebeldía procesual, sendo demandadas para os únicos efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario as esposas de ámbolos demandados, Inmaculada Varela Varela e María Rosario Regueira Cereijo, sobre reclamación de cantidade e con contía cifrada en 3.844.168 pesetas, equivalentes a 23.103,91 euros; e, ... resolvo que, estimando a demanda formulada pola Sra. González Ouro, en representación da entidade Prebetong Lugo, S.A., fronte á

entidade Roig&Castro, S.L. e Miguel Rogelio Rooig Varela, debo condenar e condeno os demandados a lle aboar á demandante, con carácter solidario, a cantidade de 3.844.168 pesetas (23.103,91 euros).-Impónselle-lo pagamento das custas ós demandados.-Notifíqueselles este resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación, que deberán preparar perante este xulgado no prazo de cinco días.-Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».-Asinada e rubricada.

E para que así conste, lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación de rebeldía procesual e en ignorado paradoiro, entidade mercantil Roig & Castro, S.L., Miguel Rogelio Roi Varela e María Rosario Regueira Cereiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este en Chantada o trinta de outubro de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN