Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.344

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CAMBADOS

EDICTO (146/2000).

En Cambados o once de novembro de dous mil tres.

Cédula de notificación.

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cambados fai saber:

Que nos autos que a continuación se dirán, consta dictada a sentencia, cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

Sentencia.

Eugenio-Francisco Miguel Tabares, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Cambados, en comisión de servicios, viu os autos sinalados co número 146/2000, seguidos polos trámites de xuízo de menor contía por instancia de Isabel Quintero González, Isabel Rocarfort Quintero e Luis Rocafort Quintero, representados polo procurador Miguel Ángel Botana Castro e asistido do letrado Enrique Devesa Pérez-Bobillo, contra a sociedade Cousa, S.A. e dicta en nome de El-Rei a seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Dictamino.

Que estimando a demanda interposta polo procurador Miguel Ángel Botana Castro, en nome e representación de Isabel Quintero González, Isabel Rocafort Quintero e Luis Rocarfort Quintero, debo declarar e declaro que os ditos demandantes son copropietarios, desde o ano 1981 por iguais partes indivisas, do piso, praza de garaxe e rocho descritos no feito terceiro da demanda, condenando a entidade Cousa, S.A. a estar e pasar por esta declaración e a outorga-la correspondente escritura pública de compravenda, sen facer especial imposición en canto ás custas procesuais causadas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que poderá prepararse mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días na forma establecida no artigo 457 da LAC.

Únase esta resolución ó libro da súa clase, deixando nos autos testemuño desta.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo en Cambados o vintetrés de maio de 2003.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Cousa, S.A. esténdese esta notificación para que sirva de cedula de notificación.

A secretaria

Rubricado