Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.345

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (240/1994).

No procedemento de xuízo executivo que se segue perante este xulgado baixo o nº 240/1994, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia (Caixa Galicia), representada polo procurador José Antonio Lorenzana Teijeiro, fronte a José Rubén Castro Arias, María Isabel Cancela Freire, José Luis Díaz Her

nández e Ana María Castillo Ruiz, dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentencia.-En Lugo, seis de maio de dous mil tres.

Antonio Piña Alonso, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número uno de Lugo e o seu partido, vistos estes autos de xuízo executivo nº 240/1994, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Caixa de Aforros de Galicia (Caixa Galicia), representada polo procurador José Antonio Lorenzana Teijeiro e baixo a dirección do letrado José A. Sánchez del Valle Fraga, e doutra, como demandados, José Rubén Castro Arias, María Isabel Cancela Freire, José Luis Díaz Hernández e Ana María Castillo Ruiz, que figuran como declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade, e,

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra José Rubén Castro Arias, María Isabel Cancela Freire, José Luis Díaz Hernández e Ana María Castillo Ruiz, ata facer remate dos bens embargados e, co seu importe íntegro, pagamento á demandante, Caixa de Aforros de Galicia (Caixa Galicia), da cantidade de 5.802 euros (965.372 ptas.) de principal, máis os xuros pactados e as custas causadas e que se causen, nas cales expresamente condeno os ditos demandados.

Contra esta sentencia poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación e forma ós demandados José Rubén Castro Arias e María Isabel Cancela Freire, en ignorado paradoiro, expido e asino esta en Lugo, 28 de outubro de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEVEDRA