Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEVEDRA

EDICTO (456/2001).

En Pontevedra o doce de xuño de dous mil dous.

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentencia.

Na cidade de Pontevedra o doce de xuño do ano dous mil dous.

Vistos por Manuel Pérez Pérez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 456/01, seguidos por instancia de José Rodríguez Gómez, representado polo procura

dor dos tribunais José Portela Lirós e asistido polo letrado José García Señoráns Trillo, contra Diego Boullosa Comesaña, en situación procesual de rebeldía, e o Consorcio de Compensación de Seguros, representado e asistido pola avogada substituta Miriam Gómez Andrés, sobre reclamación de cantidade.

Dictamino.

Que desestimando a demanda formulada por José Rodríguez Gómez contra Diego Boullosa Comesaña e o Consorcio de Compensación de Seguros debo absolver e absolvo os demandados das pretensións deducidas na súa contra, impoñéndolle ó demandante as custas do proceso.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que deberá prepararse ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do codemandado Diego Boullosa Comesaña, estendo este edicto para que sirva de notificación.

Rubricado