Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de decembro de 2003 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial en desenvolvemento do programa cuadrienal de modernización do sector do comercio polo miúdo de Galicia, para o ano 2004.

Unha das debilidades do sector do comercio polo miúdo de Galicia é sen dúbida a elevada idade media

dos titulares de establecementos comerciais tradicionais, así como as dificultades que existen para o relevo xeracional, unido a unha crecente perda da capacidade competitiva de determinadas formas comerciais tradicionais.

Establécese a necesidade de acadar un axeitado nivel de equipamento comercial coa finalidade de acomoda-las estructuras comerciais ás esixencias sociais, finalidade que se conseguiría cun incremento do mercado inmobiliario, favorecendo o cesamento da actividade comercial naqueles comercios sen viabilidade empresarial que asuman o compromiso de arrendar, traspasar, ceder ou vende-lo establecemento comercial, favorecendo a introducción de innovacións na oferta comercial.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, ten como obxectivo prioritario o establecemento das estratexias axeitadas para abordar esta problemática e, en consecuencia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 13 de outubro de 2000, aprobou o programa cuadrienal de modernización do sector do comercio polo miúdo de Galicia, que prevé entre as súas medidas a consecución do rexuvenecemento do tecido empresarial mediante a aparición de novos comerciantes e actividades comerciais, así como o incremento no mercado inmobiliario da dispoñibilidade dos locais comerciais, situados moitos deles en centros urbanos, núcleos históricos e lugares estratéxicos desde o punto de vista económico e social para a vida das cidades galegas. Para iso, o programa cuadrienal recolle a conveniencia de establecer unhas liñas de actuación mediante as cales se aproben axudas e incentivos orientados á consecución destes obxectivos, de acordo co establecido no Decreto

287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras para a concesión de axudas para o ano 2004, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomenta-lo relevo xeracional dos empresarios individuais próximos a acada-la idade de xubilación na actividade comercial e o rexuvenecemento do tecido empresarial coa dispoñibilidade no mercado de novos locais comerciais. Estas accións englóbanse dentro das competencias da Consellería de Innovación, Industria e Comercio na aplicación orzamentaria 08.04.521V.770.2, Plan de cesamento anticipado de actividade comercial.

O gasto que se proxecta tramitarase como expediente anticipado e está condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos do exercicio 2004, en trámite parlamentario, de acordo co disposto no punto 3º do artigo 3 in fine, da Orde

do 27 de novembro de 2000, pola que se modifica a do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de gastos.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas que se establecen nesta orde os comerciantes polo miúdo que teñan capacidade legal para exerce-lo comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio, dedicándose a algunha das actividades que teñan como obxecto exclusivo ou principal a realización de actos de comercio e que estean incluídos dentro das agrupacións 64 (comercio retallista de productos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes), 65 (comercio retallista de productos industriais non alimenticios realizado en establecementos permanentes) e no epígrafe 662.2 (comercio retallista de toda clase de artigos incluíndo alimentación e bebidas), nun ou varios establecementos comerciais, que cese definitivamente en toda actividade do comercio polo miúdo.

Quedan excluídas as solicitudes presentadas polos comerciantes polo miúdo que desenvolvan actividades incluídas nalgúns dos seguintes epígrafes do imposto de actividades económicas:

646. Comercio polo miúdo de labores de tabaco e artigos de fumador.

654.1. Farmacias.

654.1. Comercio polo miúdo de vehículos terrestres.

654.3. Comercio polo miúdo de vehículos aéreos.

654.4. Comercio polo miúdo de vehículos fluviais e marítimos de vela, motor ou deportivos.

655. Comercio polo miúdo de combustibles, carburantes e lubricantes.

2. No caso de que a empresa estea dada de alta en dous ou mais epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas. Considerarase actividade principal aquela que resulte de conxuga-los elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, de se-lo caso.

3. Con carácter accesorio, tamén poderá ser beneficiario das axudas o cónxuxe do empresario que cesa na actividade comercial, colaborador deste no seu establecemento comercial e autónomo, que reúna os mesmos requisitos có titular do comercio, no momento da solicitude da axuda polo devandito titular.

Artigo 3º.-Requisitos dos beneficiarios.

1. Requisitos do titular.

a) Posuí-la condición de comerciante segundo a lexislación mercantil.

b) Ter exercido, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais, de forma inimterrompida durante os últimos dez anos.

Non obstante, considerarase cumprido este requisito, polo comerciante que sucedese ou substituíse no exercicio da actividade comercial que viña desenvolvendo o seu cónxuxe, tralo falecemento deste ou tralo abandono deste de toda actividade comercial, antes da entrada en vigor desta orde, sempre que entre ámbolos dous sumen os dez anos esixidos.

c) Ter cumpridas as súas obrigas tributarias e en materia de Seguridade Social, non ter débedas por ningún concepto coa Xunta de Galicia e estar en posesión dos correspondentes permisos e licencias municipais expedidos polos concellos respectivos e, de se-lo caso, das autorizacións da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

d) Ter entre sesenta e sesenta e catro anos de idade no momento da solicitude. Non se lle outorgará ningunha axuda a quen durante o ano 2004 cumpra os sesenta e cinco anos.

e) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida, agás no suposto previsto no parágrafo segundo do punto 3.1º b), e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completa-lo período de carencia esixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ó chegar ós sesenta e cinco anos de idade.

f) Comprometerse a abandona-lo exercicio profesional da actividade comercial polo miúdo no seu nome, como autónomo, así como a ceder tódolos establecementos comerciais ou os locais de negocio nos que viña desenvolvendo a actividade comercial, coa obriga de devolve-las axudas obtidas e os correspondentes xuros de demora desde o seu pagamento, no caso de reiniciar calquera actividade comercial.

g) Entenderase que se cumpre o requisito de cesión coa presentación dos correspondentes contratos ou escrituras de doazón, venda, arrendamento, traspaso ou rescisión, nos que figurará o compromiso do cesionario de abri-lo local no prazo máximo de seis meses e que vai desenvolver unha actividade comercial polo miúdo, ou para o exercicio dunha actividade económica ou profesional que complemente a oferta existente na zona onde se asente, logo de informe positivo da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ou no seu defecto, certificado acreditativo expedido por un axente da propiedade inmobiliaria (API), da posta á disposición para o mercado inmobiliario do devandito local para dedicarse exclusivamente a unha actividade de carácter comercial non excluída polo artigo 2º desta orde, ó valor de mercado e de lle dar publicidade, polo prazo máximo dun ano; antes de finalizado este prazo deberá presentar contrato de cesión, arrendamento, traspaso ou venda, xa que, de non facelo, deixará de

percibi-la subvención.

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderalles solicitarlles ós axentes da propiedade inmobiliaria (API) correspondentes toda a información que considere necesaria sobre o cumprimento do disposto no punto 3.1º g) da orde.

A cesión do establecemento comercial ou do local no que se viña exercendo a actividade será como mínimo de tres anos ou, en todo caso, polo tempo igual ó que falte para que o beneficiario cedente cumpra os sesenta e cinco anos de idade.

h) Que o resto de rendementos netos regulares da unidade familiar, sen os ingresos da actividade empresarial na que cesa, non supere os 12.000 euros no último exercicio.

i) Comprometerse a abandona-la actividade comercial polo miúdo e á cesión do local de se-lo caso, como autónomo, coa obriga de devolve-las axudas obtidas e os correspondentes xuros de demora desde o seu pagamento no caso de reiniciar calquera actividade empresarial. No caso en que o solicitante non sexa propietario do local onde exerce a actividade comercial, deberá te-la autorización do propietario para poñe-lo local á disposición do mercado.

2. Requisitos do cónxuxe. Deberá cumpri-los mesmos requisitos có titular no momento do cesamento.

En ningún caso o cónxuxe colaborador que reúna os requisitos para solicita-la axuda poderá seguir exercendo a actividade comercial xunto ó novo titular dela.

Artigo 4º.-Requisitos dos cesionarios.

Os cesionarios do establecemento comercial ou local de negocio deberán cumpri-los requisitos seguintes:

a) Ser persoa física, que non teña cumpridos os 45 anos, nin os cumpra no ano no que se presenta a solicitude, con capacidade legal para exerce-lo comercio.

En ningún caso pode un cónxuxe ser cesionario do outro cónxuxe que cesa na actividade comercial.

b) Ser persoa xurídica. Neste caso non poderán ser titulares das súas accións ou participacións nin o empresario que cesa, beneficiario da axuda, nin o seu cónxuxe, nunha porcentaxe superior ó dez por cento, un só ou conxuntamente, nin tampouco das accións ou participacións, na mesma porcentaxe, das sociedades titulares de máis do vinte por cento do capital daquela.

Artigo 5º.-Contía e ámbito.

1. As subvencións que se establezan para as actuacións obxecto desta orde, serán con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.521V.770.2. Plan de cesamento anticipado da actividade comercial, cunha consignación orzamentaria para o exercicio 2004 de 1.291.770 euros e as plurianualidades que se xeren, logo de autorización do Consello da Xunta de Galicia, e subordinadas ós créditos que para cada exercicio se consignen nos orzamentos xerais da

Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

2. Os cedentes percibirán, ata acada-la xubilación definitiva e como máximo ata o día en que cumpran os sesenta e cinco anos de idade:

a) Un pagamento anual, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, con importe, incluíndo as cotas correspondentes á Seguridade Social do beneficiario que se fixa na cantidade de dez mil (10.000) euros ata cumpri-los sesenta e cinco anos como máximo, rateándose a correspondente ó último ano por meses completos, en función daquel no que se alcance aquela idade.

O primeiro ano percibirase o devandito pagamento na súa totalidade, sen rateo, en concepto de indemnización.

b) O cónxuxe do cedente que cumpra os requisitos establecidos no artigo 3.2 terá dereito a percibir un 50% do importe fixado para o titular. No caso de se produci-la xubilación do cedente, o seu cónxuxe conservará o dereito á axuda que viñese percibindo e durante o período de tempo que lle falte para causar dereito á súa prestación por xubilación.

Artigo 6º.-Presentación de solicitudes e documentación.

1. As persoas que desexen obte-las axudas reguladas na presente orde deberán solicitalo por escrito, de conformidade co modelo que figura no anexo I desta, dirixida ó conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, ó que lles deberán xunta-los documentos enumerados no anexo II, que acrediten o cumprimento dos requisitos necesarios para o outorgamento da axuda solicitada. En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, para unha correcta análise da solicitude.

2. Ademais dos documentos expresamente determinados no anexo II desta orde, os peticionarios das axudas poderanlle xuntar á súa solicitude con cantos outros consideren que poden servir para xustificala.

3. O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 28 de febreiro do ano 2004.

Artigo 7º.-Emenda de defectos.

1. Se a solicitude e/ou a documentación que se xunta non reúne os requisitos establecidos no artigo 3º, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, contados a partir do seguinte á recepción do devandito requirimento, emende o defecto ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que se non o fixera, se considerará desistida da súa petición, despois da correspondente resolución, de conformidade co establecido no arti

go 71 da Lei 30/ 1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Os órganos administrativos encargados da xestión das axudas poderán reclamar das entidades certificantes a documentación adicional que consideren oportuna.

Artigo 8º.-Criterios de adxudicación.

Tendo en conta o carácter de concorrencia competitiva desta convocatoria, no caso de que o importe das axudas correspondentes ás solicitudes recibidas supere a dotación orzamentaria dispoñible, as resolucións estimatorias dictaranse de acordo coa seguinte orde de prelación decrecente:

1. A maior idade dos comerciantes, titulares do establecemento que soliciten a axuda.

2. O menor número de traballadores afectados polo cesamento da actividade comercial.

3. Valorarase positivamente a actividade económica ou profesional que se desenvolverá no local, trala súa cesión, que complemente a oferta comercial existente, no caso en que se indique na solicitude.

4. Valorarase positivamente a menor idade do cesionario do establecemento comercial, no suposto en que o beneficiario presente coa solicitude un candidato que vaia exercer unha actividade comercial xunto co seu DNI, no caso de que o solicitante resulte beneficiario da axuda.

Artigo 9º.-Xestión das axudas.

1. A tramitación dos procedementos de outorgamento das axudas realizaraa a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que formulará a proposta de resolución.

2. As axudas outorgaranse ou denegaranse mediante resolución dictada polo conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, que conterá como mínimo o nome, a contía da axuda e os recursos que contra ela se poidan interpoñer.

O prazo máximo para dictar e notificarlles ós interesados a resolución expresa será de seis meses contado desde a presentación da solicitude. Ó vencemento do devandito prazo sen que se notifique a resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo.

As resolucións dos expedientes tramitados ó abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa, e contra elas, de conformidade co artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpoñer:

a) Recurso potestativo de reposición perante o órgano que as dictou, ou que ten a competencia para isto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo sexa o caso.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, se é expresa ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

3. Notificada a axuda e previamente ó seu cobramento, o beneficiario deberá acredita-lo abandono da actividade comercial e achega-la documentación que se relaciona no anexo III desta orde antes do 31 de outubro, salvo que na resolución do outorgamento se sinale un prazo maior. No caso de non achega-la devandita documentación no prazo indicado quedará sen efecto a resolución de outorgamento.

4. Entre o día un e o trinta de xaneiro de cada ano posterior ó da concesión da axuda, e ata o remate desta, o beneficiario deberá presenta-la documentación que se indique no anexo IV desta orde.

5. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 10º.-Certificación e pagamento.

1. Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 9º.3, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, expediralles ós beneficiarios unha certificación na que constará o importe das axudas e os períodos ós que corresponde a súa percepción.

2. O importe anual das axudas aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira e o número de conta designado polo beneficiario, para o que se unirá á documentación establecida no punto 6 do anexo III, certificación expedida pola entidade bancaria onde conste ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente, onde se debe de realiza-lo aboamento.

3. Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior, poderán efectuarse pagamentos parciais das subvencións concedidas ou autorizar anticipos con suxeición ó establecido nos artigos 16 e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 11º.-Situación do beneficiario respecto da Seguridade Social.

1. Durante o período de percepción das axudas reguladas na presente orde, os beneficiarios que

darán coa obriga de cotizar no correspondente réxime da Seguridade Social, no caso de que deba seguir cotizando para cubri-lo período mínimo de cotización de quince anos, debendo se-los propios beneficiarios os que fagan o pagamento das devanditas cotas de cotización á Seguridade Social, e a suscrición, de se-lo caso, do correspondente convenio, ou documentación acreditativa de causar baixa no réxime de autónomos, se non se subscribe.

2. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar dos beneficiarios o cumprimento do indicado nos preceptos anteriores, así como realizar cantas xestións sexan precisas para a súa comprobación.

3. Os solicitantes ou beneficiarios deberán comunicar, coa maior brevidade, toda variación, no referente á súa situación respecto á Seguridade Social, que se produza, e en todo caso nun prazo non superior ós dez días seguintes á recepción da documentación acreditativa de tales circunstancias. Así mesmo, no caso de falecemento dalgún solicitante ou beneficiario, este feito deberá ser comunicado polos seus herdeiros inmediatamente, xuntando a correspondente certificación de defunción.

Artigo 12º.-Réxime de incompatibilidades.

1. A percepción das axudas reguladas nesta orde será incompatible coa percepción por parte do beneficiario da pensión de xubilación, en calquera réxime da Seguridade Social ou sistema de previsión que se financie en todo ou en parte con recursos públicos, ou de invalidez permanente no réxime especial de traballadores autónomos, e se deducen do importe das axudas ás prestacións derivadas das situacións de maternidade e IT (incapacidade temporal), ou invalidez permanente en réximes compatibles, ou outras prestacións de carácter periódico da Seguridade Social. Esta deducción non afectará respecto das prestacións periódicas da Seguridade Social por fillo a cargo.

O beneficiario deberalle comunicar á Dirección Xeral de Comercio e Consumo calquera destas situacións nun prazo non superior ós dez días seguintes á recepción da documentación acreditativa de tales circunstancias.

2. Tamén é incompatible esta axuda con calquera outra axuda concedida por outra Administración pública, os seus organismos ou sociedades ou entes públicos, nacionais ou internacionais, co mesmo obxectivo.

Artigo 13º.-Incumprimento das condicións da axuda.

1. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora desde o momento do pagamento da axuda, ademais da perda da subvención para os exercicios que resten de vixencia dela, nos casos en que o beneficiario a obteña sen reuni-las condicións requiridas para iso ou incumpra a finalidade para a que foi concedida ou condicións impostas con motivo da concesión. As cantidades

a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público.

2. Con independencia do establecido no punto 1, o incumprimento dos requisitos ou as condicións impostas co motivo da concesión polo empresario beneficiario dará lugar tamén á revogación ou modificación da axuda accesoria concedida ó seu cónxuxe.

3. Todo isto con suxeición ó procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 1 novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade autónoma de Galicia.

4. As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios máis os xuros de demora terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 e 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 14º.-Obriga de facilitar información.

O beneficiario ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio, así como pola Intervención Xeral da Xunta de Galicia, o Consello de Contas ou o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización ou control do destino das axudas.

Artigo 15º.-Réxime xurídico.

En todo o non previsto nesta orde aplicarase o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para cada exercicio, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición adicional

A execución, durante o ano 2004, dos compromisos de gasto, dará lugar á formalización dos correspondentes gastos plurianuais ó abeiro do disposto no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado mediante Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Comercio e Consumo para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO II

Documentación que se deberá achegar coa solicitude presentada polo titular e cónxuxe colaborador, se é o caso:

1. Copias compulsadas do documento nacional de identidade do solicitante/s.

2. Documento/s acreditativos de estar dado de alta durante 10 anos ininterrompidos nalgún epígrafe do IAE (certificación emitida pola Axencia Tributaria, polo concello, Cámara de Comercio... ou calquera entidade ou organismo público con capacidade para acreditalo). Se é o caso, deberá acreditarse a circunstancia prevista no segundo parágrafo do artigo 3.1º b).

3. Copia compulsada das licencias municipais de actividade dos establecementos comerciais dos que é titular o solicitante ou certificado expedido polo concello da autorización correspondente para o exercicio da actividade comercial.

4. Certificado ou informe laboral que acredite estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social durante os últimos dez años; así como dos períodos realmente cotizados ós distintos réximes da Seguridade Social. No suposto previsto no segundo parágrafo do artigo 3.1º b), unicamente deberá achegarse certificado de cotización á Seguridade Social.

5. Declaración xurada que conteña o compromiso do peticionario, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de ceder tódolos establecementos comerciais dos que é titular e de causar baixa no IAE por todos eles. No caso de que o solicitante non sexa propietario do local comercial, autorización do propietario en documento público, para que o solicitante realice tódalas xestións necesarias para traspasar ou aluga-lo local para unha actividade comercial por alomenos tres anos ou mentres o beneficiario perciba a subvención.

6. Declaración xurada que conteña o compromiso do peticionario, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de causar baixa no réxime de autónomos, ou de suscribi-lo convenio coa Seguridade Social, no caso de non reuni-lo período mínimo de carencia esixido para causar dereito á prestación por xubilación ó alcanza-los 65 anos de idade.

7. Declaración xurada do solicitante/s, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de non reiniciar ningunha actividade comercial.

8. Declaración responsable do conxunto de tódalas solicitudes de axudas ou subvencións efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas, os seus organismos e sociedades e de calquera entidade pública ou privada, nacional ou internacional.

9. Certificado de matrimonio, no caso de solicitude accesoria de axuda do cónxuxe colaborador.

10. Documentación acreditativa do número de traballadores, emitida pola Seguridade Social.

11. Declaración xurada do conxunto de actividades económicas ou profesionais que desenvolvan.

12. Copia da declaración da renda do último exercicio.

ANEXO III

Documentación que haberá que achegar unha vez concedida a subvención para que poida efectuarse o pagamento:

1. Declaración responsable pola que se comprometa ó abandono definitivo da actividade do comercio polo miúdo en calidade de empresario.

2. Contrato de doazón, cesión, arrendamento, traspaso ou venda do establecemento comercial así como o DNI do cesionario ou ben, se é o caso, certificado API. No caso de que o beneficiario estea en réxime de aluguer, compromiso do titular do local en documento público, de que este pode realizar tódalas xestións necesarias para realiza-lo aluguer ou traspaso do local, coa garantía de que se vai dedicar a unha actividade comercial por alomenos tres anos ou mentres o beneficiario perciba a subvención.

3. Baixa no imposto de actividades económicas.

4. Baixa no réxime de autónomos e copia do convenio subscrito coa Seguridade Social no caso de non reuni-lo período de carencia esixido para causar dereito á prestación por xubilación ó alcanza-los 65 anos de idade, ou cando o subscriba voluntariamente.

5. Aceptación da axuda polo beneficiario.

6. Certificación expedida pola entidade bancaria onde conste ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente, onde se debe realiza-lo aboamento.

7. Certificacións acreditativas de estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social e de non ter débedas por ningún concepto coa Xunta de Galicia, emitidas polos organismos competentes.

ANEXO IV

Documentación que se deberá achegar anualmente durante o tempo que dure a axuda:

1. Certificado ou informe da vida laboral acreditativo da súa situación na Seguridade Social, expedido no mes inmediato anterior á súa presentación.

2. Certificacións acreditativas de estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social e de non ter débedas por ningún concepto coa Xunta de Galicia, emitidos polos organismos competentes.