Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.025

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (651/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 651/2003 por instancia de Vicente Gras Pérez contra as empresas Green School, S.L. e Montrove Inversiones, S.A. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, o 26 de noviembre de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 651/2003, seguidos por instancia de Vicente Gras Pérez, maior de idade, representado e asistido pola letrada Isabel Gil Sánchez, contra as empresas Green School, S.L. e Montrove Inversiones, S.A., que non compareceron nos autos, e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Vicente Gras Pérez, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado o 2 de xullo de 2003 e resolta a relación laboral, condenando as empresas Green School, S.L. e Montrove Inversiones, S.A., solidariamente, a que lle aboen ó demandante a contía legal e, o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicacion ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta

0030 6349 5603 0000 651 03, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 0030 6349 5603 0000 651 03.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas Green School, S.L. e Montrove Inversiones, S.A., que teñen o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 26 de novembro de 2003.

Jaime Balado Yánez

Secretario xudicial