Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.026

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (496/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 496/2003, por instancia de Melissa Rivas Pérez e outras, contra a empresa Kids Galicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 21 de novembro de 2003 que, copiada nos seus particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Melissa Rivas Pérez, María Isabel García Rodríguez, Laura María Alcázar Mouriño, Marta María Lago Barros e Rosario Gándara Carro contra a empresa Kids Galicia, S.L., condeno a esta a aboarlles as cantidades de 1.668,16 euros a Melissa Rivas Pérez, 876,30 euros a María Isabel García Rodríguez, 575,27 euros a Laura Alcázar Mouriño, 839,36 euros a Marta Lago Barros e 769,56 euros a Rosario Gándara Carro, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Kids Galicia, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado