Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.025

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (61/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 61/2003, por instancia de Óscar García Lema, contra INSS, TGSS, Mutua Intercomarcal e a empresa Revestimientos Tarrío, S.L., sobre impugnación de alta médica, dictouse a seguinte:

«Sentencia. Na cidade da Coruña, 30 de outubro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 61/2003, seguidos por instancia de Óscar García Lema, maior de idade, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra o INSS, representado e asistido polo letrado Roberto Pérez López; a TGSS, que non compareceu nos autos; a Mutua Intercomarcal, representada e asistida polo letrado Vicente Ferrer Piñeiro; e a empresa Revestimientos Tarrío, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, impugnación alta médica.

Siguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Óscar García Lema contra INSS, TGSS, Mutua Intercomarcal e Revestimientos Tarrío, S.L., absolvendo ós codemandados dos pedimentos contados nesta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante este xulgado no prazo de 5 días contado a partir da notificación desta

sentencia, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Revestimientos Tarrío, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 26 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado