Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (33/2002).

Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 33/2002 recaeu a sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Encabezamento. En Ribeira, nove de xullo de dous mil tres. Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta cidade, os presentes autos de xuízo de faltas número 33/2002, seguidos ante este xulgado por unha presunta falta de imprudencia con ocasión da circulación de vehículos de motor con resultado de lesións, tendo sido parte denunciante Francisco Borja Sánchez Martínez, representado pola procuradora Concepción Peleteiro Bandín e asistido do letrado Luis Fajardo; e como denunciado Francisco Manuel Rivas Blanco; actuando a entidade aseguradora Aegón Seguros como responsable civil directo, representada polo procurador José Manuel Novoa Núñez e asistida do letrado Benigno Sieira Santos e Paulino Rodríguez Muñiz, como responsable civil subsidiario.

Decido que debo condenar e condeno a Francisco Manuel Rivas Blanco como autor responsable do artigo 621 do Código penal de 1995 á pena de quince días de multa, cunha cota de seis euros, cunha responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do mesmo texto legal para o caso de non pagamento. Condenándoo, así mesmo, ó pagamento das custas deste xuízo e a que, solidariamente, co responsable civil subsidiario Paulino Rodríguez Muñiz e a responsable civil directa de Aegón Seguros, indemnice a Francisco Borja Sánchez Martínez na cantidade de 11.394,70 euros, incluído o factor de corrección do 10%.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fai saber que contra esta cabe interpor recurso

de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que deberá presentarse ante este xulgado, e no que redactado conforme o disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, exporanse as alegacións nas que se basee a impugnación, conforme o artigo 976 e seguintes da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Francisco Manuel Rivas Blanco, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto en Ribeira, vinteseis de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado