Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 28 de novembro de 2003 pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de disolución, liquidación e distribución do patrimonio da Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras.

Vista a documentación remitida polo presidente da Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras, considerando que os trámites para a súa disolución se realizaron de conformidade co disposto nos artigos 44 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 143 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, seguíndose os trámites que a continuación se indican:

-O expediente para a disolución e liquidación da mancomunidade aprobouse inicialmente por acordo da Asemblea Intermunicipal con data de 27 de febreiro de 2003.

-O citado acordo someteuse a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio publicado no BOP de Ourense con data do 26 de marzo de 2003, sen que se producise ningunha reclamación ou alegación respecto del.

Así mesmo, foi emitido informe favorable pola Deputación Provincial de Ourense e pola Dirección Xeral de Administración Local.

-Que o acordo foi ratificado polos plenos dos concellos da mancomunidade co quórum de maioría absoluta esixido pola Lei de Administración local de Galicia.

Os ditos acordos constitúen a maioría esixida para os efectos do disposto no artigo 143.1º d) en relación co 144 da Lei Administración local de Galicia.

O presidente da Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras remitiu certificación dos acordos adoptados polos Plenos do Concellos da Mancomunidade de ratificación da disolución, liquidación e distribución do seu patrimonio, para a súa íntegra publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, esta Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

DISPÓN:

A publicación do acordo de disolución, liquidación e distribución do patrimonio da Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras, de conformidade co establecido no artigo 143.1º d) en relación co 144 da Lei de Administración local de Galicia, que se recollen como anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO

Acordo de disolución

A Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Valdeorras adoptou, en sesión extraordinaria celebrada o 27 de febreiro de 2003, e por unanimidade dos seus vinteún membros presentes, o seguinte acordo:

«1º Aprobar inicialmente a disolución da Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras, coa liquidación anexa conforme a proposta aprobada pola Comisión Xestora de 16 de decembro de 2002.

2º Someter a información pública por prazo dun mes este acordo, mediante o correspondente anuncio no BOP, e remitilo á Deputación Provincial de Ourense e á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local para o seu informe; sometendo, unha vez rematada a información pública e emitidos os informes preceptivos, o expediente de disolución da mancomunidade ós plenos dos concellos mancomunados, para a súa aprobación definitiva, resolvendo o que proceda en canto ás alegacións presentadas, se é o caso.

3º No suposto de que se formulen alegacións durante a información pública ou se comuniquen suxestións ou reparos polos organismos competentes, e para os efectos de procura-la máxima coordinación entre os concellos mancomunados verbo do acordo de aprobación definitiva, o presidente procederá á convocatoria dunha comisión xestora extraordinaria, que poderá aprobar unha proposta conxunta de resolución das alegacións efectuadas. A dita proposta en ningún caso será vinculante para os concellos.

4º Se durante a tramitación do expediente de disolución se produciran novos ingresos da mancomunidade, ou ben se tivese coñecemento de documentos acreditativos da existencia de dereitos de terceiros fronte á mancomunidade, autorízase expresamente a Presidencia para ordena-los correspondentes ingresos o recoñecer e liquida-las débedas, introducindo as modificacións de detalle que cumpran na liquidación, logo de comunicación ós membros da Comisión Xestora, e sempre e cando a débeda non experimente, en cada capítulo da liquidación, un incremento superior ó 10% da contía aprobada pola asemblea.

Das modificacións realizadas ó abeiro do disposto neste punto darase conta ó Pleno dos Concellos para a súa incorporación ó expediente que se someta a aprobación definitiva (...).

Acorco de liquidación

INCENDIOS

FORESTAIS

2001

SERVICIOS

SOCIAIS

2002

SERVICIOS

SOCIAIS

2001

E

ANTERIORES

SERVICIOS

E GASTOS

XERAIS

TOTAL

O BARCO579,69 A12.461,05 A13.040,74 A

O BOLO579,69 A1.269,29 A1.848,98 A

CARBALLEDA579,69 A1.201,77 A1.087,82 A1.976,25 A4.845,53 A

INCENDIOS

FORESTAIS

2001

SERVICIOS

SOCIAIS

2002

SERVICIOS

SOCIAIS

2001

E

ANTERIORES

SERVICIOS

E GASTOS

XERAIS

TOTAL

LAROUCO579,69 A376,97 A341,23 A620,86 A1.918,75 A

PETIN4.228 A663,57 A600,65 A1.092,03 A6.584,25 A

A RUA579,69 A2.949,65 A2.669,97 A4.853,79 A11.053,10 A

RUBIA 579,69 A1.018 A921,47 A1.674,98 A4.194,14 A

A VEIGA579,69 A1.983,89 A2.563,58 A

VILAMARTIN286,58 A1.750,15 A1.584,21 A2.884,56 A6.505,5 A

Falta por computar no cadro exposto as achegas correspondentes a servicios sociais do 2002 das agrupacións da Rúa e Rubiá por subvencións recibidas no dito ano:

-Agrupación A Rúa-Petín-Larouco-Vilamartín: 27.184,41 A.

-Agrupación Rubiá-Carballeda: 5.934,66 A.

O cadro anterior recolle as cotas totais por concellos referidas á liquidación antes citada, figurando integramente esta nas dependencias da Dirección Xeral de Administración Local.

Ó abeiro do artigo 22 dos estatutos da Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras, os datos contidos nesta liquidación publicaranse sen prexuízo dos que puideran derivar da actividade liquidatoria da Comisión Xestora constituída para o efecto, ata a total adxudicación dos bens e cargas dos respectivos concellos, e que quedarán incorporados ó expediente da súa razón.

Acordo de patrimonio

De acordo coa documentación dispoñible na mancomunidade, no momento de acordarse a súa disolución e liquidación por acordo asembleario do 27 de febreiro de 2003, a Mancomunidade Intermunicipal de Valdeorras non posuía a titularidade de ningún ben de carácter patrimonial, salvo o mobiliario da oficina situado nas dependencias dos servicios sociais mancomunados, na Casa do Concello da Rúa.

No acordo de disolución e liquidación da mancomunidade, con data do 27 de febreiro de 2003, estipulouse a cesión do dito mobiliario de oficina ó Concello da Rúa, como compensación da débeda existente co dito concello polo gasto telefónico da mancomunidade.