Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a favor do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos no concello de Lousame (provincia da Coruña).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no exercicio das competencias atribuídas polo Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (modificado parcialmente polos Decretos 225/1998, do 17 de xullo e 72/2002, do 7 de marzo).

E, en virtude do disposto polo título I da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, así como polo Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural de Galicia e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Vistos os informes dos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e dos órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en materia de bens de interese cultural que resultan preceptivos,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural a favor do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, no concello de Lousame, coa categoría de monumento.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola devandita incoación da maneira que se especifíca literal e graficamente nos anexos I e II, respectivamente.

Terceiro.-Notificarlle esta resolución ó Concello de Lousame, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e ós demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deban realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, de autorización dos órganos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-Ordena-la publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

O contorno de protección do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos de Lousame (A Coruña) queda definido pola liña que une os puntos A-B-C-D-E, estando o punto A situado na estrada Santiago de Compostela-Noia, xunto ó camiño de acceso ó mosteiro.

A-B: tramo da estrada Santiago de Compostela-Noia ata o vértice E da parcela 5396a do polígono catastral 504 Z-2.

B-C: liña quebrada que coincide cos lindeiros das parcelas 5396a, 5404a, 314, 312a e 291 do polígono catastral 504 Z-2, ata o río San Xusto, de xeito que todas queden incluídas na delimitación.

C-D: liña quebrada que coincide co lindeiro da parcela 114 do polígono catastral 21 e lindeiros das parcelas 76, 78, 79, 110, 112, 114, 115, 57, 58, 59, 60, 55, 54, 53, 52, 51, 50, 36, 33, 32, 29, 120, 144, 141, 139, 27, 26, 24, 137, 135, 21, 133, 131, 20 e 17 do polígono catastral 20, de xeito que todas elas queden incluídas na delimitación.

D-E: liña recta coincidente co lindeiro O das parcelas 17 e 18 do polígono catastral 20 e parcela 96 do polígono catastral 16, para cruza-lo río San Xusto e prolongarse atravesando a parcela 161a do mesmo polígono ata atopa-la estrada Santiago de Compostela-Noia.

E-A: tramo da estrada Santiago de Compostela-Noia ata pecha-la delimitación.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL