Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de comercio do metal.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de comercio do metal, con nº de código 3600365, que tivo entrada

nesta delegación provincial o día 18-11-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Comercio de Electrodomésticos, Ferraxería y Material de Oficina, Asociación de Almacenistas-Comerciantes por Xunto de Material Eléctrico, Asociación de Xoiería, Pratería e Reloxería, Asociación Libres de Recambios e Accesorios de Vehículos, Asociación de Maquinaria en Xeral, Asociación da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE), e da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa (FECA), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 13-11-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) en representación dos traballadores, e as asociacións provinciais de comercio de electrodomésticos, ferraxería e material de oficina; almacenistas-comerciantes por xunto de material eléctrico; libres de recambios e accesorios de vehículos; maquinaria en xeral; xoiería, pratería e reloxería; así como a Asociación da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE) e da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa (FECA), en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todas aquelas empresas englobadas no sector comercio do metal, os centros de traballo dos cales se encontren comprendidos dentro da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, con independencia da súa publicación no BOP, ben que os efectos económicos do primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ó primeiro de xaneiro de 2003.

Artigo 4º.-Duración e prórrogas.

Este convenio terá unha duración de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2003, e os seus efectos finalizarán o trinta e un de decembro de 2004.

Entenderase prorrogado automaticamente por anualidades se non media denuncia das partes con tres meses, ó menos, ó final da súa vixencia. A denuncia deberase facer por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio, todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 29 do convenio, sobre contratación.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras que se establecen neste convenio poderán compensar ou absorber, no que alcancen, aquelas melloras que voluntariamente tivesen establecidas as empresas ata o 31 de decembro de 2003.

A partir do 1 de xaneiro do ano 2004, as melloras que se establecen neste convenio non poderán compensar ou absorber aquelas melloras que voluntariamente tivesen establecidas as empresas, ou as que no futuro se poidan establecer por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións mais beneficiosas, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, que as que aquí se establecen, as deberá conservar.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral para o ano 2003 será de corenta horas semanais de traballo efectivo, de luns a sábado pola mañá.

No ano 2004, a xornada laboral será de 1.800 horas anuais de traballo efectivo, distribuídas en 40 horas semanais de luns a sábado pola mañá.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio desfrutará de trinta días naturais de vacacións anuais retribuídas, dos cales 15 días, ó menos, se desfrutarán entre os meses de maio e setembro, ambos incluídos.

Durante o ano 2003, se no período de desfrute dos trinta días citados, coincidisen dous ou máis días dos declarados como festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (incluídos os festivos locais), o traballador terá dereito á recuperación dun deles, o desfrute do cal se fixará de mutuo acordo entre a empresa e o traballador, sen que este se poida unir ó período de vacacións nin a outros festivos.

Se antes de inicia-lo traballador as vacacións anuais programadas, este se encontrar en situación de IT, non perderá o dereito a elas e a empresa fixaralle unha nova data, unha vez que o traballador obteña a alta médica, sempre que a data da alta permita o desfrute das vacacións dentro do mesmo ano natural.

Artigo 9º.-Licencias.

Consonte o disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, precedendo aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días naturais en caso de casamento.

b) 1 día por traslado de domicilio habitual.

c) 5 días naturais, nos casos de morte de cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns e parto de esposa, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos.

d) Ata un máximo de catro días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para isto os desprazamentos que o traballador deba facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta última licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que se poidan impor ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

e) O traballador desfrutará dun día retribuído ó ano de libre disposición, que deberá solicitar cunha semana de anticipación e que non poderá ser coincidente co solicitado por outro traballador da empresa.

Este beneficio quedará suprimido do convenio en caso de reducción de xornada por disposición legal.

Os dereitos en materia de permisos retribuídos recoñecidos ós cónxuxes na alínea c) deste artigo, estenderanse ás parellas de feito que, inscritas no rexistro do organismo público que competa, acrediten un período de convivencia mínimo dun ano.

Artigo 10º.-Outras licencias e permisos.

Para os afectos meramente informativos, insírese a redacción literal establecida polos artigos 2.1º, 2.2º e 2.3º, da Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación da vida familiar e laboral, redacción que se modificará automaticamente ó mesmo tempo e na mesma medida en que o faga a citada lei.

1. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de ambos traballaren.

2. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, ó menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada prevista neste número constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

3. A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción de xornada, previstos nos números anteriores deste arti

go, corresponderá ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisa-lo empresario con quince días de anticipación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre empresario e traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de desfrute previstos nos números anteriores deste artigo serán resoltas pola xurisdicción competente a través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Artigo 11º.-Sábado santo.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso na mañá do sábado de semana santa.

Artigo 12º.-Retribucións.

Os soldos e salarios correspondentes para o primeiro ano de vixencia do convenio, son os que figuran na táboa salarial anexa I.

No caso de que o Índice de prezos de consumo, establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 2003 un incremento respecto ó 31 de decembro de 2002, superior ó 3,5%, efectuarase unha revisión da táboa salarial no exceso sobre a indicada cifra tan axiña como se constate oficialmente esta circunstancia. A revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 2003, servindo, así mesmo, de base de cálculo para o incremento salarial de 2004.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, incrementarase a táboa vixente no 31-12-2003, no IPC previsto polo Goberno máis 0,75 puntos.

No caso de que o índice de prezos de consumo, establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 2004 un incremento, respecto ó 31 de decembro de 2003 superior ó IPC previsto polo Goberno máis 0,75 puntos, afectuarase unha revisión da táboa salarial, tan axiña como se constate oficialmente esta circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Esta revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 2004, servindo, así mesmo, de base de cálculo para o incremento salarial de 2005.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios de antigüidade consistirán en cuadrienios ó cinco por cento sobre o salario base dos traballadores.

Desde o 7 de novembro de 1999 a acumulación dos incrementos por antigüidade non poden supera-lo 50% do salario base (dez cuadrienios), non obstante o cal os traballadores manterán e consolidarán as porcentaxes superiores que viñesen percibindo por este concepto ata a data citada.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias dunha mensualidade cada unha de elas, en marzo (paga de beneficios), xuño, setembro e decembro (Nadal).

Estas pagas consistirán no salario base, consonte o salario do traballador, máis a antigüidade, se é o caso, debendo ser aboadas non despois do día dez dos dichos meses.

A empresa poderá ratea-las pagas extraordinarias de marzo e setembro, á totalidade da cadro de persoal, en cada un dos doce meses do ano.

Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que realicen a súa xornada laboral entre as 22.00 e as 6.00 horas, verán incrementado o seu salario base nun 25%, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza ou se acordase a compensación deste traballo por descansos (artigo 36 do ET).

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio, quedan suprimidas as horas extraordinarias, salvo caso de extrema necesidade, que será apreciada polo empresario, oídos os delegados de persoal ou membros do comité de empresa.

As horas extras así consideradas aboaranse cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria segundo categoría e táboa anexa de cada ano.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

O persoal a quen se lle confira algunha comisión de servicios de carácter provisorio ou temporal a lugar distinto daquel onde habitualmente presta os seus servicios ou onde radica o seu centro de traballo que lle impidan realizar comidas ou pernoitar no seu domicilio habitual, terá dereito a que se lle aboen en concepto de axudas de custo as seguintes cantidades:

-Media axuda, entendida como tal o xantar: 9 euros.

-Axuda de custos completa, isto é, xantar e cea: 18 euros.

-Pernoita e almorzo: mediante xustificación con factura de hotel de 2 estrelas, ou similar.

Quilometraxe.-Cando o traballador, por necesidades da empresa e a requirimento desta, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, recibirá da empresa a cantidade de 0,16 euros por km.

Artigo 18º.-Complemento de transporte.

Durante o ano 2003 as empresas aboarán ós seus traballadores en concepto de complemento de transporte a cantidade de 74,51 euros, nos once meses de traballo efectivo, polo que non se aboará no mes de vacacións, sendo considerado como concepto extra salarial para tódolos efectos.

No segundo ano de vixencia do convenio, 2004, este complemento incrementarase no IPC previsto polo Goberno máis 0,75 puntos.

Artigo 19º.-Incapacidade temporal.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade ou accidente debidamente xustificados, as empresas completarán as prestacións económicas da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 20º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por

un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito soamente poderá ser exercido outra vez polo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

4. O traballador excedente conserva soamente un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

5. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Artigo 21º.-Excedencia por coidado de fillo e/ou familiar.

Para os efectos meramente informativos, insírese a redacción literal establecida polo artigo 4 da Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación da vida familiar e laboral, redacción que se modificará automaticamente ó mesmo tempo e na mesma medida en que o faga a citada lei.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contando desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, os traballadores para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia contemplada neste número constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio deste dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación nos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido ese prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 22º.-Suspensión con reserva de posto de traballo.

Para efectos meramente informativos, insírese a redacción literal establecida polo artigo 5 da Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación da vida familiar

e laboral. Redacción que se modificará automaticamente ó mesmo tempo e na mesma medida en que o faga a citada lei.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas, que se desfrutarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en máis dúas semanas por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase á escolla da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto, de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso de maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en máis dúas semanas por cada fillo a partir do segundo, contadas á escolla do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de dezaseis semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que por circunstancias e experiencias persoais ou que, por proviren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. En caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase á escolla dos interesados, que poderán desfrutalo de

forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos os casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma deles non poderá excede-las dezaseis semanas previstas nos números anteriores ou as que correspondan en caso de parto múltiple.

Os períodos a que se refire este artigo poderanse desfrutar en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, precedendo acordo entre os empresarios e os traballadores afectados, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso neste artigo poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

Artigo 23º.-Seguro de accidentes.

A partir dos 10 días da publicación do convenio, as empresas subscribirán a favor dos seus traballadores unha póliza de seguros que cubra por accidente, durante as 24 horas do día, os riscos de morte ou invalidez

permanente absoluta ou permanente total, na contía de 12.000 euros.

Estas cantidades serán efectivas unha vez declaradas oficialmente as continxencias que se citan, e por unha soa vez.

As empresas que contratasen o correspondente seguro cunha compañía aseguradora, non responderán, en ningún caso, do pagamento das indemnizacións por accidente aquí pactadas. Polo contrario, aquelas empresas que, estando obrigadas a subscribir esa póliza, non o fixesen, estarán obrigadas a aboa-las indemnizacións correspondentes.

Artigo 24º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 25º.-Creación de emprego para mozos.

Co obxectivo de incentiva-los traballadores na súa participación na creación de emprego para mozos a través da renovación de cadros de persoal, aquel que solicite a baixa voluntaria na empresa, percibirá, de mutuo acordo entre as partes:

Se a solicitase ós 60 anos: 5 mensualidades do salario real.

Se a solicitase ós 61 anos: 4 mensualidades do salario real.

Se a solicitase ós 62 anos: 3 mensualidades do salario real.

Se a solicitase ós 63 e 64 anos: 2 mensualidades do salario real.

Se a solicitase ós 65 anos: 1 mensualidade do salario real.

Artigo 26º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente erradica-lo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos, considérase necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estaren dados de alta xa noutra empresa.

Para contribuír co obxectivo de controla-lo pluriemprego, considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores. O incumprimento desta obriga considerarase falta grave para efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

Os traballadores que proceda serán provistos obrigatoriamente por parte da empresa de uniformes ou outra roupa de traballo, das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o uso vén aconsellando.

A provisión de tales roupas débese facer ó comeza-la relación laboral entre a empresa e o traballador en número de dúas pezas, que se reporán en anualidades sucesivas de maneira conveniente ou, cando menos, na metade delas.

Artigo 28º.-Acumulación de horas sindicais.

No ámbito de empresa, os delegados ou membros do comité poderán renunciar a todo ou parte de crédito de horas, que a lei en cuestión lles recoñeza, en favor doutro ou outros delegados ou membros do comité. Para que isto produza efecto, a cesión de horas deberá ser presentada por escrito.

Artigo 29º.-Contratación.

Emprego fixo: tódalas empresas do sector están obrigadas a ter un mínimo de emprego fixo do 60% da cadro de persoal medio, sendo obrigatoria unha revisión semestral para velar polo cumprimento desta porcentaxe.

Contrato eventual. Segundo o teor do disposto no artigo 15 b), do texto refundido do ET, R.D. Lei 8/1997 R.D., do 16 de maio, e a Lei 5/2001, do 2 de marzo, vixentes, este contrato ten por obxecto atender esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

Formalización do contrato. Formalizarase por escrito, consignándose con suficiente precisión e claridade a causa e circunstancias que o motiven, e rexistrándose no Inem.

Duración e prórroga. A duración destes contratos non poderá ser inferior a 30 días nin superior doce, dentro dun período de dezaoito contados a partir do momento do contrato inicial. Limitarase a dous o número de contratos que se realicen, na súa duración máxima, a unha mesma persoa.

No caso de se concerta-lo contrato por un prazo inferior ós doce meses, poderá ser prorrogado mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder dese límite máximo. As prórrogas terán unha duración mínima de 15 días. A duración de contrato e das súas prórrogas axustarase ó disposto anteriormente, salvo que exista pacto en contrario.

Nos contratos superiores ós seis meses, se á finalización do período inicial ou de calquera das súas prórrogas non houbese unha comunicación previa con dez días de anticipacón á súa finalización, o contrato considerarase prorrogado automaticamente ata a súa duración máxima. Se á finalización da súa duración máxima, non houbese denuncia expresa con dez días de anticipación e se continuase prestando servicios, o contrato considerarase por tempo indefinido, salvo proba en contrario que acredite a natureza temporal da prestación.

Indemnización económica. En virtude dos establecido no artigo 49, alínea c) do Estatuto dos traballadores, á extinción do contrato eventual por expiración do tempo convido ou pola realización da obra ou servicio obxecto do contrato, o traballador terá dereito a recibir unha

indemnización económica equivalente á parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar doce días do salario por cada ano de servicio.

Artigo 30º.-Acción sindical.

Aplicarase o disposto na lexislación laboral vixente e, en particular, nos artigos 61 ó 81 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Lei de prevención de riscos laborais.

Para estes efectos aplicarase o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, publicada no BOE núm. 269, do 10 de novembro, así como ó seu desenvolvemento regulamentario, que é normativa de dereito mínimo e indispensable.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio, aplicarase o acordo marco de comercio, o Estatuto dos traballadores e demais disposicións.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio constituirase unha comisión paritaria integrada por catro membros da representación social e catro da empresarial.

Disposicións adicionais

Co fin de evita-lo atraso na negociación do próximo convenio, e dados os prexuízos que ós empresarios e traballadores causa o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do convenio acordan constituí-la comisión deliberadora na segunda quincena do mes de xaneiro do ano 2005.

Vigo, 13 de novembro de 2003.

ANEXO

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I:

Enxeñeiros e licenciados952,2447,6115.235,80

Axudantes e técnicos809,3940,4712.950,21

Formación profesional666,5433,3310.664,63

GRUPO II:

Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral952,2447,6115.235,80

Xefe de almacén ou sucursal809,3940,4712.950,21

Xefe de grupo714,1735,7111.426,72

Xefe de sección666,5433,3310.664,63

Encargado establecemento, vendedor, comprador666,5433,3310.664,63

Viaxante642,1932,1110.275,06

Dependente, corredor de praza626,7631,3410.028,09

Dependente maior (10% máis que o dependente)

Axudante603,6830,189.658,84

Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai a formar

Grupo III:

Xefe administrativo856,9942,8513.711,79

Xefe de sección714,1735,7111.426,72

Contable, caixeiro666,5433,3310.664,63

Oficial administrativo642,1932,1110.275,06

S. mensualCuadrienioS. anual

Auxiliar administrativo626,7631,3410.028,09

Auxiliar de caixa611,4030,579.782,32

GRUPO IV:

Debuxante809,3940,4712.950,21

Escaparatista745,9037,3011.934,43

Rotulista682,4234,1210.918,66

Cortador698,2634,9111.172,17

Axudante603,6830,189.658,84

Chofer de transporte pesado (1ª)666,7433,3410.667,79

Chofer de transporte lixeiro (2ª)603,6830,189.658,84

Profesional de oficio603,6830,189.658,84

Axudante de oficio603,6830,189.658,84

Mozo especializado603,6830,189.658,84

Capataz603,6830,189.658,84

Telefonista, mozo, envasador, embalador603,6830,189.658,84

GRUPO V:

Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza603,6830,189.658,84

Persoal de limpeza por xornada completa496,9324,857.950,89

Persoal de limpeza por hora (incluída pro rata de 4 pagas extras)4,350,2269,58

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA