Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (128/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica

que neste xulgado se seguen autos número 128/2003, por instancia de Irene Manso Mera e outras contra a empresa Carrogio, S.A. e Alejandro Pita Montero sobre salarios nos que recaeu sentencia o 6 de novembro de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Irene Manso Mera, Silvia María Fernández Carro e Rosa Iglesias García contra as empresas Carrogio, S.A. e a empresa Alejandro Pita Montero debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ás demandantes as cantidades seguintes: 687,15 para Irene Manso Mera, 3.194,56 para Silvia María Fernández Carro e 3.562,38 para Rosa Iglesias García por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de emprendelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que no momento de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de que depositou na conta deste xulgado aberta no grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5605 0000 60 0454 03, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0454 03 entregándose o

xustificante na secretaría no momento de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non se constituí-lo dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Carrogio, S.A. e a empresa Alejandro Pita Montero, expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de novembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado