Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.859

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (262/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro dá Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 262/2003, por instancia de Víctor Manuel Vilar Castro contra Puro Lar, S.L., sobre salarios nos que recaeu sentencia o 6 de novembro de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Víctor Manuel Vilar Castro contra Puro Lar, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.510,25 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Puro Lar, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de novembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado