Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 14 de maio de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade dos debedores Severino José González Martínez e Daniel Jerónimo González Martínez, con DNI 33849500D e 33857362M respectivamente, que a continuación se describen:

Lote 1:

Predio 5592, rústico Arxileira do camiño norte, radicante en Montecalvo, parroquia de Marzán, municipio de Monterroso, superficie: 15 áreas e dezaseis centiáreas. Lindeiros: leste monte veciñal; oeste, camiño público; norte labradío de Manuel Calvo e sur monte de herdeiros de Celestino Martínez. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 46, folio 141.

Valor: 911,13 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 911,13 A.

Lote 2:

Predio nº 5622, rústico monte Arxileira sita na parroquia de Marzán, Monterroso, de superficie dez áreas e oito centiáreas. Lindeiros: norte, estrada de Lugo-Santiago de Compostela desde o quilómetro 534,8 ó 534,821; sur monte de Severino Martínez Vázquez nunha liña de vinteún metros; leste, máis monte de Severino Martínez Vázquez e oeste, propiedade de herdeiros de Andrés Vázquez. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 46, folio 177.

Valor: 3.029,10 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 3.029,10 A.

Lote 3:

Predio nº 5822, rústico Terreo de Porto de Amide coñecido como Pataqueiro, radicante no termo da parroquia de Marzán, en Monterroso, de cabida aproximada de dezaseis cuartillos equivalentes a catro áreas e setenta centiáreas. Lindeiros: norte, herdeiros de Fernández; sur camiño público, oeste o mesmo e leste rego de zona. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 196.

Valor: 564,95 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 564,95 A.

Lote 4:

Predio nº 5823, rústico, leira de nome Do Valiño, radicante no termo de Marzán, Monterroso, de cabida aproximada de tres ferrados e vinte cuartillos, o mesmo que vintetrés áreas. Lindeiros: ó norte herdeiros de María e Carmen Gay; ó sur Arturo Pérez; ó leste, herdeiros de Fernández e de Arturo López e ó oeste de Arturo López. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 197.

Valor: 2.073,49 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.073,49 A.

Lote 5:

Predio nº 5826, rústico Tarres de Salgueiriño, radicante en Marzán, Monterroso, cabida aproximada corenta e sete áreas e setenta e cinco centiáreas. Lindeiros: ó norte camiño público; ó sur o mesmo; ó leste herdeiros de Méndez e ó oeste de María Lamazares. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 200.

Valor: 2.869,83 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.869,83 A.

Lote 6:

Predio nº 5839, leira a monte de San Pardinso, radicante no termo de Marzán, en Monterroso, de cabida

aproximada de 20 áreas. Lindeiros: ó norte de Carmen Ramil e de Serafina Bragados; ó sur Dolores Pacín; ó leste río e oeste monte veciñal. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 213.

Valor: 1.202,02 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.202,02 A.

Lote 7:

Predio nº 5841, rústico campo de monte con porción de castiñeiros e álamos regulares, radicante no termo de Marzán, Monterroso, cabida aproximada 19 áreas. Lindeiros: ó leste, con camiño de servidume; ó norte de herdeiros de Mández, sur e oeste de herdeiros de José Ramos. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 215.

Valor: 2.283,85 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.283,85 A.

Lote 8:

Predio nº 5842, rústico no Campo de Souto, terreo con algúns castiñeiros radicante no termo de Marzán, Monterroso, de cabida aproximada de 75 centiáreas. Lindeiros: ó norte, camiño público; ó sur e leste de herdeiros de Bragados e oeste Dolores Pacín. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 216.

Valor: 1.126,90 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.126,90 A.

Lote 9:

Predio nº 5844, rústico, chousa chamada Fontelo a monte, con algunhas árbores, radicante en Marzán, Monterroso, cabida aproximada de 1 hectárea, 19 áreas, cincuenta centiáreas. Lindeiros: ó norte de herdeiros de Méndez; ó sur monte veciñal; ó leste Carmen Ramil e de herdeiros de Pacín e oeste monte veciñal e de herdeiros de Ramos. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 218.

Valor: 7.182,09 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 7.182,09 A.

Lote 10:

Predio nº 5847, rústico, monte chamado Agro de Eirexe por metade con Carmen Ramil, radicante en Marzán, Monterroso, extensión aproximada 12 áreas. Lindeiros: ó norte, Victoriano Bragrados; ó sur Ramón Gay; ó leste Victoriano Bragados e oeste do mesmo. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 47, folio 221.

Valor: 504,85 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 504,85 A.

Lote 11:

Predio nº 6121, rústico Leira Pequena de Mide a monte sita en Marzán, en Monterroso, cunha super

ficie de 13 áreas e 50 centiáreas. Lindeiros: ó norte Severino Martínez; sur Carmen Ramil; leste Ramón Gay e outro e oeste Arturo López. Rexistro da Propiedade de Chantada, libro 49, folio 97.

Valor: 567,96 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 567,96 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 19 de xaneiro de 2004 ás 10.00 horas na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do

importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos