Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (879/2002).

Ana María Carrasco García, secretaría do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 879/2002, por instancia de Alberto Mañana Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servicio Galego de Saúde, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo e a empresa Montajes e Instalaciones Añón, S.L. sobre alta médica, nos que recaeu sentencia o 6 de novembro de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que desestimando a demanda promovida por Alberto Mañana Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, o Servicio Galego de Saúde e a empresa Montajes e Instalaciones Añón, S.L. debo absolver a absolvo a parte demandada tódolos pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe o recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante esta xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Montajes e Instalaciones Añón, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o catorce de novembro de dos mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado