Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (679/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 679/2002, por instancia de Ramón Vázquez Pan contra o INSS e outros sobre prestacións, nos que recaeu sentencia o 10 de novembro de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Ramón Vázquez Pan contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Construcciones Suárez Agra, S.A., a Comisión Liquidadora de Suspensión de Pagamentos, a Tesourería Xeral da Seguridade Social debo declarar e declaro que a base reguladora da pensión de xubilación que corresponde ó demandante é na contía de 825,53 euros, condenando as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e o Instituto Nacional da Seguridade Social ó anticipo das prestación na contía, forma e efectos económicos correspondentes, e a Tesourería Xeral da Seguridade Social na súa respectiva responsabilidade, e absolvo a empresa Construcciones Suárez Agra, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Suárez Agra, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de novembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado