Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.857

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (574/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemoño de que en autos seguidos perante este xulgado do Social, tramitados baixo o número 574/2001 por instancia da Xunta de Galicia, contra a TXSS e Begoña Villar Rodríguez, sobre alta de oficio, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña o 19 de novembro de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta ciudade, viu os presentes autos de xuízo número 574/2001, seguidos por instancia da Xunta de Galicia, representada e asistida polo letrado Alfonso Vázquez Castro, contra a TXSS, representada e asistida pola letrada Cristina Ortiz Dordá; e Begoña Villar Rodríguez, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación alta de oficio.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a TXSS e a Mª Begoña Villar Rodríguez dos pedimentos dela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante este xulgado no prazo de cinco días, contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 19 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado