Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.857

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (164/2003).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 164/2003 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Vistos por min, Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Betanzos e o seu partido, estes autos de xuízo de faltas nº 164/2003, sobre unha falta de lesións, na que é denunciante Mª Dolores Fernández Bouzón e denunciado José Carlos Monroy Monroy, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo condenar e condeno a José Carlos Monroy Monroy como autor responsable dunha falta de lesións, do artigo 617.1º do Código penal, a unha pena de multa dun mes a razón de cota diaria de 3 euros, é dicir, a razón de 90 euros de multa, que en caso de non pagamento ou insolvencia dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 15 días de privación de liberdade, que poderán cumprir en réxime de arrestos de fin de semana

no centro penitenciario que corresponda ou, se é o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo.

Que debo condenar e condeno a José Carlos Monroy Monroy a que indemnice a Mª Dolores Fernández Bouzón na cantidade de 200 euros, en concepto de indemnización polos días en que estivo de baixa como consecuencia das lesións sufridas.

Condénase a José Carlos Monroy Monroy ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes ó da última notificación, que se interporá neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña que por quenda corresponda, constituído en tribunal unipersoal».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Carlos Monroy Monroy, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o vinte de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado