Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2003 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2004 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002-2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes dos anos 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002-2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia (publicado mediante Resolución do 22 de xuño de 2001 no DOG nº 133, do 10 de xullo), os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do míbor e euríbor durante o período establecido en cada convenio, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2004 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002-2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia serán os seguintes:

-Préstamos do convenio Pemes 1995: 3,90%.

-Préstamos do convenio Pemes 1996: 4,20%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,75 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (2,43) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arrendondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios Pemes 1997 e 1998: 3,45%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (2,21) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arrendondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios Pemes 1999, 2000, 2001, 2002-2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia: 3,35%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (2,224) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo

de xuro resultase con varios decimais, arrendondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras deberanlles comunicar ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica