Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2003 pola que se publican os tipos de xuro máximos que as entidades de crédito aplicarán durante o ano 2004 ós contratos de arrendamento financeiro subvencionados ó abeiro dos convenios de apoio financeiro ós investimentos das Pemes.

De conformidade cos convenios de apoio financeiro ós investimentos das Pemes asinados coas entidades de crédito durante os anos 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003, os tipos de xuros dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados pola Xunta de Galicia, que se formalizaron a tipo de xuro variable, variarán por anos naturais, establecéndose no texto dos citados convenios o sistema de determinación do tipo de xuro para exercicios futuros.

Visto o exposto, e unha vez verificados os datos relativos á evolución do mibor e do euribor durante o período establecido nos citados convenios, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o ano 2004 ós contratos de arrendamento financeiro formalizados, a tipo variable, ó abeiro dos convenios de apoio financeiro ós investimentos das Pemes dos anos 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003, serán os seguintes:

-Contratos de arrendamento financeiro do convenio 1998: 3,40%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (2,17) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais arredonderase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Contratos de arrendamento financeiro do convenio 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003: 3,30%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (2,173) o tipo adicional que teñan pactados as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades de crédito deberán comunicarlle ós beneficiarios dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do contrato de arrendamento financeiro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado nos citados convenios e na resolución de concesión de axuda. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro a aplicar ó contrato de arrendamento financeiro será o que lle corresponda segundo o establecido no punto primeiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA