Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da xornada laboral para o ano 2004 do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da xornada laboral para o ano 2004 do convenio colectivo do sector da construcción, con nº de código 3600435 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-12-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, e da parte social, pola centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 1-12-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de decembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Comisión deliberadora do convenio colectivo da construcción

-Asistentes:

* UGT:

Lourdes Diz Lorenzo.

Ramón Carrera Molares.

José C. Rodríguez del Río.

Francisco Peixoto Costas.

Jesús Crespo Araújo.

* CC.OO.

Laureano Barros.

José Joaquín Dasilva.

Marcos González Oliveira.

* CIG.

Xosé Xoán Melón.

Alberto Fernández Campo.

* APEC.

Anselmo Hernández Luján.

José Pampillón Alonso.

José A. Martínez Fernádnez.

Yolanda Carballo Martínez.

En Vigo, o 1 de decembro de 2003, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), reúnense as persoas que figuran á marxe nas representacións que se indican.

Como único punto da orde do día trátase o tema da xornada laboral prevista no artigo 43 do actual convenio colectivo que para o ano 2004 será de 1.750 horas de traballo efectivo.

O texto do artigo 43º do convenio relativo á xornada laboral dirá textualmente:

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente convenio será de 1.750 horas segundo o calendario laboral anexo.

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas de luns a venres durante toda a vixencia deste convenio.

3. Os traballadores terán dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climatolóxicas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderase pactar nas empresas, a distribución da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan superar nove horas diarias nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.750 horas acordadas para o ano 2004, os días 5 de xaneiro, 23 e 24 de febreiro, 18 de marzo, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 de outubro, 7, 2 horas do 23 (xornada de 6 horas), 24 e 31 de decembro terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos.

6. Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

-O Rosal, Illa de Arousa, Salceda de Caselas, Tui, Vilaboa: 25 de febreiro.

-Vilagarcía de Arousa, 24 de maio.

-Cerdedo, O Rosal e Valga: 27 de xullo.

-Campolameiro: 9 de decembro.

7. En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado en cada centro de traballo.

8. E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.