Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de decembro de 2003 pola que se convocan as axudas para o ano 2004 de diversas accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se actualizan as bases correspondentes aprobadas por Orde do 1 de abril de 2002.

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de abril de 2002 aprobou as bases que rexerán as convocatorias das axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica.

No artigo 7 da dita orde establécese que as bases terán vixencia ata a finalización do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica PGIDIT 2002-2005, e que anualmente a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, procederá a publicar no DOG unha resolución na que se especificará o prazo de presentación de solicitudes de cada acción, os créditos asignados a elas e outros aspectos que se considere necesario actualizar na convocatoria anual.

Conforme a disposición adicional terceira do Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da postestade sancionadora entre os seus órganos, as referencias que a normativa vixente en materia de investigación e desenvolvemento realiza á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento entenderanse efectuadas á Consellería de Innovación, Industria e Comercio e a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento respectivamente.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Establecer como prazo de presentación de solicitudes para as axudas correspondentes ás accións do programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, exercicio 2004, o período de corenta días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, asignándose a cada unha delas os créditos que a seguir se especifican, ben que todos eles poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos:

Tipo de axudaCréditosPrazo de solicitude
Aplicación orzamentariaAnualidades (euros)
2004200520062007

Axudas para grupos de investigación novos. (Anexo I).

Proxectos de promoción xeral do coñecemento. (Anexo II).

Axudas e incentivos para a participación noutros programas. (Anexo III).

Adquisición de infraestructura científico-técnica e material bibliográfico. (Anexo IV).

08.05.432A.740.0

Cofinanciada no ano 2004 con fondos Feder da UE con 124.332 euros

08.05.432A.781.0

4.800.000

800.000

2.700.000

400.000

1.000.000

200.000

600.000

100.000

40 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG
Axudas para redes temáticas. (Anexo V).08.05.432A.740.025.00025.00040 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG
Axudas para publicacións periódicas. (Anexo VI).08.05.432A.740.075.00040 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG
08.05.432A.781.020.000
Axudas para organización de congresos. (Anexo VII).08.05.432A.440.094.72540 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG
Axudas para asistencia a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas. (Anexo VIII).04.06.432A.480.0

Cofinanciada con FSE da UE

18.00040 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG
Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes. (Anexo IX).08.05.432A.442.0

Cofinanciada con FSE da UE

120.00040 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

Nembargantes, tódalas cantidades antes citadas poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Segundo.-As bases por que se rexerán estas axudas son as recollidas na Orde do 1 de abril de 2002

xa citada, coas modificacións que a seguir se indican:

1. Modifícase o punto 1 do artigo 1º que queda coa seguinte denominación: «Axudas para grupos de investigación novos (anexo I)».

2. Modifícanse os puntos 4 e 6 do artigo 2º que quedan redactados como segue:

«4. Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral indefinido ou fixo, e outras figuras equivalentes. Tamén se inclúen os investigadores contratados con cargo ó programa Ramón y Cajal, ó programa Isidro Parga Pondal, ou a outros programas equiparados, e ós profesores contratados doutores da LOU sempre que a duración do contrato cubra a duración do proxecto solicitado».

«6. Grupo de investigación novo: conxunto formado por un só equipo de investigación que terá que cumpri-las seguintes características de composición:

6.1. Ter como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo e ningún deles poderá ter durante máis de 8 anos de vinculación estable co correspondente organismo.

6.2. O director do grupo, que será tamén o investigador principal do proxecto, deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos e con vinculación estable co correspondente organismo.

6.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó mesmo organismo que o investigador principal. Para este caso, e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo de segundo ano».

3. Modifícanse no anexo I os apartados seguintes:

3.1. O título do anexo pasa a ser: «Axudas para grupos de investigación novos».

3.2. A contía máxima das axudas recollidas no número 2 queda fixado en 12.500 euros a primeira e 18.500 euros a segunda e o número final do dito apartado queda redactado do seguinte xeito:

«Non poderán formar parte dos grupos que soliciten estas axudas aqueles investigadores que fosen investigadores principais de grupos que desfrutasen dalgún proxecto da modalidade B de convocatorias anteriores da Xunta de Galicia ou proxectos equivalentes doutros organismos. O número total de axudas para un grupo de investigación novo non poderá ser superior a tres (unha axuda preparatoria e dous proxectos precompetitivos)».

4. Modifícanse no anexo II os puntos seguintes:

4.1. O primeiro parágrafo queda redactado do modo seguinte:

«Os grupos consolidados e os grupos de excelencia definidos no artigo 2º desta orde poderán solicitar axuda para a realización dun proxecto de investigación sempre que o dito proxecto se presentase previamente á última convocatoria xa resolta do Programa Nacional de Promoción Xeral do Coñecemento do Plan Nacional, non fose financiado e non tivese avaliación desfavorable. Os grupos que opten por solicitar axuda para proxecto de investigación ó abei

ro deste anexo II non poderán optar ás axudas ás que se refire o anexo III».

4.2. A contía máxima das axudas previstas no parágrafo 5º queda fixado en 100.000 euros no caso de grupos consolidados e 170.000 euros para os grupos de excelencia.

4.3. Os parágrafos que seguen, a alínea c) do punto 1. Requisitos e limitacións, quedan redactados do modo seguinte:

«Ningún grupo, e polo tanto cada un dos seus membros, poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego, pero si poderá simultanear un proxecto do Programa de Promoción Xeral de Investigación con proxectos doutros programas do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente para cada un dos membros do equipo.

Exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen o mesmo ano en que se solicita o proxecto, calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e os proxectos do programa do Plan Galego que rematen antes do 1 de setembro do mesmo ano no que se inicia o proxecto para o que se solicita a axuda.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos distintos pertencentes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá cumpri-los requisitos esixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo. No caso de que o equipo que solicita o subproxecto teña proxectos vixentes, engadirase un membro máis, coas mesmas características, á composición mínima do equipo.

O importe máximo de cada subproxecto será o que corresponde ó tipo de equipo que o solicita.

Excepcionalmente, poderán solicitarse subproxectos que non acaden as condicións antes citadas, sempre que o organismo responsable certifique que nesa área de investigación, dentro do propio organismo, non é posible reuni-lo número e características mínimas esixidas para o subproxecto, pero neste caso o outro subproxecto deberá reuni-las condicións requiridas ós grupos consolidados.

Poderán solicitarse proxectos coordinados con grupos doutras comunidades autónomas, sempre que estas se comprometan a financia-los subproxectos correspondentes».

4.4. O número 3.1 do punto 3 relativo ós conceptos subvencionables queda redactado do modo seguinte:

«3.1. Persoal contrado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Excepcionalmente e unicamente para o caso de estranxeiros que non teñan homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o correspondente título superior, admitirase, durante un período máximo de dous anos, a substitución do contrato por unha bolsa.

Poderá solicitarse persoal unicamente no caso de grupos de excelencia. O importe máximo por este concepto será de 60.000 euros para proxectos de 3 anos de duración, 40.000 euros para proxectos de 2 anos e 20.000 euros para proxectos de 1 ano».

5. Modifícanse no anexo III os puntos seguintes:

5.1. O importe máximo das axudas para a presentación de proxectos europeos fíxase en 3.000 euros.

5.2. O punto 6 relativo ó libramento da subvención queda redactado do modo seguinte:

«6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo a que pertenza o grupo beneficiario, conforme o plan de necesidades da axuda concedida e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización da actividade ou da adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que deteminan a concesión ou desfrute da axuda.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para a mesma actividade das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades. Dado o carácter destas axudas, considéranse incompatibles con calquera outra destinada ó mesmo fin, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda».

6. Modifícanse no anexo IV os puntos seguintes:

6.1. O punto 1 relativo a modalidades de axuda queda redactado do seguinte modo:

«1. Modalidades de axuda.

Existen dúas modalidades de axuda:

1.1. Axuda relativa á instrumentación científica.

Esta modalidade contempla pola súa vez dúas variantes:

1.1.A. Solicitudes institucionais para adquisición de equipamentos e para conservación e mantemento dos equipamentos existentes.

1.1.B. Solicitudes de grupos de investigación para a adquisición de equipamentos.

1.2. Adquisición de fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

1.1.A. Solicitudes institucionais:

Poderán concorrer nesta modalidade de solicitudes institucionais:

A.1) As universidades do Sistema universitario de Galicia poderán presentar institucionalmente solicitudes relativas ós seus servicios xerais ou institutos de investigación e referidas a adquisición de equipamentos así como solicitudes relativas á conservación e mantemento de equipos existentes.

A.2) Os centros públicos de investigación de Galicia non universitarios e non dependentes da administración central, que teñan como única actividade a I+D, que poderán presentar solicitudes relativas á adquisición de equipamentos.

A.3) Os centros tecnolóxicos de Galicia, que poderán presentar solicitudes relativas á adquisición de equipamentos.

A.1) Solicitudes das universidades do Sistema Universitario de Galicia.

As solicitudes deberanse referir a servicios xerais ou a institutos de investigación e xuntaráselle-la documentación que para cada caso se indica:

-Adquisición de novos equipos

a) Material solicitado e descrición pormenorizada deste (folletos descritivos), con indicación do servicio xeral ou instituto de investigación á que se destinará e facturas proforma do dito material, de tres casas subministradoras diferentes.

b) Relación do material de que dispón o servicio xeral ou instituto de investigación correspondente con indicación de data de adquisición, entidade financiadora e custo.

c) Relación do persoal destinado de forma permanente no servicio xeral ou instituto de investigación.

d) Fotocopia do libro de usuarios do servicio durante o ano anterior a aquel en que se presenta a solicitude ou memoria de actividades do instituto de investigación, se é o caso.

e) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

No caso de que se trate de peticións para a creación dun novo servicio, os documentos b) e d) substituiranse por unha memoria en que se xustifique,

de forma pormenorizada, a súa necesidade e unha previsión dos grupos de investigación que puidesen utilizalo.

Cada universidade presentará unha única solicitude, que poderá referirse a un ou a varios servicios xerais ou institutos de investigación, entendéndose que a documentación sinalada no parágrafo anterior se refire de forma individual a cada pedimento.

A contía global da solicitude de cada universidade non poderá ser superior a 601.100 euros e ningún dos instrumentos solicitados será de contía inferior a 36.100 euros.

-Conservación e mantemento de equipamentos existentes.

As solicitudes referiranse ás actuacións necesarias para emendar un menoscabo producido en grandes equipamentos, por causas fortuítas ou accidentais ou polo seu uso natural no transcurso do tempo, e deberán afectar á estructura do mesmo polo que terán o carácter de gran reparación. Achegarase a documentación seguinte:

a) Memoria en que se fagan consta-las características do equipamento, indicando o ano e custo de adquisición, localización e descrición das actuacións que se realizarán para a súa conservación e mantemento.

b) Fotocopia do libro de usuarios do servicio correspondente durante o ano anterior a aquel no que se presenta a solicitude ou memoria de actividades do instituto de investigación ou relación dos grupos de investigación que habitualmente utilizan o correspondente equipamento, segundo o caso de que se trate.

c) Factura proforma relativa ó custo da reparación.

d) Factura proforma relativa ó custo de adquisición dun equipo novo de características similares.

A contía global da solicitude de cada universidade non poderá ser superior a 200.000 euros referida a un ou a varios equipamentos.

A.2) Solicitudes de centros públicos de investigación de Galicia non universitarios e non dependentes da administración central, que teñan como única actividade a I+D.

Ás solicitudes xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición deste (folletos descritivos) e facturas proforma do material solicitado de tres casas subministradoras diferentes.

b) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que se realiza no correspondente centro con indicación das liñas de investigación en que se utilizará o dito equipamento.

c) Relación das publicacións e informes técnicos máis salientables dos tres últimos anos de investigadores do centro relacionados coa liña de inves

tigación en que se utilizará o equipamento solicitado; documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela en que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revistas, etc.) e fotocopia da última páxina da publicación.

d) Se é o caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo que se achega para a adquisición do material solicitado.

e) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

A contía global da solicitude do centro non poderá ser superior a 240.500 euros.

A.3) Solicitudes dos centros tecnolóxicos de Galicia.

Ás solicitudes xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición deste (folletos descritivos) e facturas proforma do material solicitado de tres casas subministradoras diferentes.

b) Xustificación pormenorizada dos servicios de I+D+I prestados ó sector productivo durante o último ano.

c) Xustificación pormenorizada da mellora que poden experimenta-los servicios de I+D+I que prestarán ó sector productivo coa incorporación da infraestructura que se solicita.

d) Relación dos proxectos de I+D+I que se están realizando no centro tecnolóxico en colaboración con universidades e centros públicos de I+D, así como co sector productivo.

e) Certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo que se achega para a adquisición do material solicitado, que en ningún caso será inferior ó 10% do importe solicitado.

f) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

g) Certificado de estar ó día das obrigas fiscais e tributarias coa Administración Central, Xunta de Galicia e Seguridad Social.

1.1.B. Solicitudes de grupos de investigación.

Poderán concorrer nesta modalidade os grupos de investigación consolidados ou de excelencia pertencentes a centros públicos de investigación da comunidade autónoma. Cada solicitude poderá estar apoiada por varios grupos ata un máximo de catro e cada grupo poderá participar soamente nunha solicitude das que se presenten a este punto da convocatoria.

Non poderán participar na convocatoria aqueles grupos que recibiron infraestructura nas dúas convocatorias anteriores a aquela en que se solicita a axuda, agás que presenten solicitudes para a adquisición de equipamentos que están cofinanciados por institución públicas de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a axuda obtida cubra como mínimo, o 50% do custo do equipamento.

A contía da solicitude, que deberá referirse unicamente a un equipamento, deberá ser dun mínimo de 36.100 e non poderá supera-los 90.200 euros. Non obstante e de forma excepcional, en cada organismo público poderá admitirse anualmente unha solicitude de importe superior, para o que se requirirá achegar un informe favorable expedido polo órgano correspondente.

Ás solicitudes xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Descrición pormenorizada do material que se solicita e factura proforma de instrumentos ou equipamentos equivalentes, pormenorizados en función dos diferentes módulos que constitúen o equipamento, e emitidos por tres casas subministradoras diferentes.

b) Relación e composición do/dos grupo/s de investigación que usarán ordinariamente o material solicitado (máximo 4 grupos; xuntarase fotocopia do DNI de cada un dos membros do grupo). Os investigadores que se integran nun grupo, no caso de que este resulte beneficiario dunha axuda desta modalidade, quedan obrigados a manterse nese grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos durante 18 meses (período que se considera necesario para a posta en funcionamento e obtención de resultados coa infraestructura financiada), agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que realiza cada un dos grupos solicitantes (unha xustificación por cada un dos grupos solicitantes).

d) Relación das publicacións máis salientables relacionadas coa liña da infraestructura solicitada, dos 3 últimos anos, de cada un dos grupos solicitantes. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.) e fotocopia da última páxina da publicación.

e) Financiamento de cada un dos grupos solicitantes nos últimos cinco anos. Acreditarase mediante copia das comunicacións de concesión das correspondentes axudas.

f) Se é o caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

g) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal (rector no caso das universidades).

1.2. Adquisición de fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

Esta modalidade de axuda ten carácter institucional e poderán concorrer a esta os organismos con sede na comunidade autónoma e con finalidade investigadora legal ou estatutaria, tendo en conta o que segue:

a) Cada institución só poderá presentar unha solicitude e a contía global desta non poderá ser superior a 120.200 euros. Tendo en conta a creación do consorcio de bibliotecas universitarias de Galicia, as universidades poderán presentar unicamente pedimentos de fondos bibliográficos para investigación relativos a áreas non científico-técnicas e por un importe máximo de 60.100 euros.

b) Os fondos solicitados non poderán ser de contía inferior a 120 euros por unidade.

c) A solicitude, sexa única ou resultado da suma de varias peticións parciais, deberá indica-la relación de fondos solicitados e o lugar onde serán situados e acompañarase de:

-Factura proforma pormenorizada dos fondos solicitados. As facturas proforma deberán referirse unicamente ós fondos solicitados.

-Aval, se é o caso, da correspondente comisión de biblioteca.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados están destinados á investigación.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados non supoñen duplicidade dentro desta, ben que poderán ser admitidas excepcións sempre que sexan debidamente xustificadas.

-Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

d) Os fondos solicitados deberán ter un carácter netamente orientado á investigación e poderán incluír subscricións a publicacións periódicas».

6.2. O punto 4 relativo a avaliación e selección queda redactado do seguinte modo:

«4. Avaliación e selección.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión poderá solicitar calquera informe de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria.

4.1. A avaliación das solicitudes de adquisición de instrumentación científica será realizada atendendo:

a) Ó informe emitido polos expertos, se este foi solicitado.

b) Ó cofinanciamento, externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

c) Á adecuación das solicitudes ós obxectivos e accións do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

d) A que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se instalará o material.

No caso de solicitudes de grupos de investigación, ademais dos criterios, anteriores teranse en conta os seguintes:

a) Xustificación da petición por parte de cada un dos grupos solicitantes, tendo en conta as liñas de traballo do grupo de investigación.

b) Valoración das publicacións dos tres últimos anos de cada un dos grupos solicitantes, relacionadas coa liña do equipamento solicitado.

c) Tamaño e número de grupos solicitantes e ponderación de uso proposto para cada grupo.

d) O número de grupos solicitantes en relación coa xustificación realizada da necesidade. Valorarase positivamente o compromiso de facilita-la utilización de infraestructuras por parte dos grupos en formación.

e) O grao de utilización polos grupos solicitantes das infraestructuras financiadas pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias. Un grao de utilización por debaixo do 60% poderá orixina-la perda da prioridade da petición tramitada.

4.2. A avaliación das solicitudes para conservación e mantemento dos equipamentos existentes será realizada atendendo a:

a) Nivel de utilización do equipo de que se trata.

b) Custo da reparación en relación ó custo de adquisición dun novo equipo.

c) Antigüidade do equipo.

A comisión daralle prioridade a reparacións de equipamentos para os cales a reposición supoña un custo superior a 36.100 euros.

4.3. A avaliación das solicitudes para adquisición de fondos bibliográficos ou documentais será realizada atendendo a:

a) Que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se instalará o material.

b) Adecuación dos fondos solicitados a actividades de investigación.

c) Daráselles preferencia ós pedimentos de subscricións a publicacións periódicas en soporte informático pero o financiamento destas non implicará nunca compromiso de mantelo en anos sucesivos, e este, en todo caso, deberá correr por conta da correspondente institución.

4.4. No caso de solicitudes de mellora de instrumentación científica que correspondan a centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia, que sexan seleccionadas pola comisión de selección, esta deberá emitir informe favorable sobre as ditas solicitudes ordenándoas por orde de prioridade decrecente, co fin de que a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento estudie a adquisición do dito equipamento de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

7. Modifícase o título do anexo V, que pasa a denominarse. «Axudas para redes temáticas».

8. Modifícanse no anexo VII os puntos seguintes:

8.1. O parágrafo terceiro do punto 2 relativo á presentación de solicitudes, queda redactado do modo seguinte:

«-No caso de que o congreso corresponda á modalidade A ou B das previstas no punto 4, documento no que conste o encargo da organización do congreso por parte dunha sociedade científica internacional ou nacional respectivamente, así como información relativa ós dous congresos anteriores (sedes, datas de celebración, etc.)».

8.2. O punto 4.1 do número «4. Axudas» queda redactado do modo seguinte:

«4.1. Contía.

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso sobrepasará as cantidades en euros que a seguir se indican, segundo o seu carácter:

Modalidade A: 5.000 euros.

Modalidade B: 2.500 euros.

Modalidade C: 1.250 euros.

Para efectos de solicitude de axuda para organización dun congreso, enténdese que:

-Se inclúen na modalidade A aqueles congresos avalados por unha sociedade científica internacional que teñen carácter periódico e con sede rotatoria a nivel internacional.

-Se inclúen na modalidade B aqueles congresos avalados por unha sociedade científica nacional que teñen carácter periódico e con sede rotatoria a nivel nacional.

-Tódolos restantes congresos se inclúen na modalidade C».

8.3. O punto 6, relativo ós criterios de selección, queda redactado do modo seguinte:

«A comisión de selección, en función das dispoñibilidades orzamentarias, determinará en cada caso o importe da axuda concedida tendo en conta a modalidade de congreso (A, B ou C) e a súa duración, sen supera-los límites establecidos no número 4.1 das presentes bases».

9. Modifícase no anexo VIII engadindo ó final do punto 3 un novo parágrafo co seguinte texto:

«Tampouco se financiarán as solicitudes relativas a actividades que se celebren na mesma provincia en que o solicitante desenvolve a súa actividade».

10. Modifícanse no anexo IX os puntos seguintes:

10.1. O parágrafo terceiro do punto 1. Solicitantes, queda coa seguinte redacción:

«As solicitudes deberán referirse a investigadores e tecnólogos de fóra de Galicia que non estivesen de forma continuada no correspondente organismo no ano anterior e as estadías para as que se solicita a axuda deberán realizarse de maneira íntegra no ano da correspondente convocatoria. Para un mesmo grupo receptor non poderán solicitarse estadías por un período superior a 6 meses, entendéndose este límite referido tanto a un único visitante como á suma das estadías de varios candidatos. As ditas solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Currículum vitae do investigador/tecnólogo o que se convida.

b) Fotocopia do DNI ou pasaporte do investigador/tecnólogo convidado.

c) Breve memoria referente á actividade que vai realizar durante a estadía con indicación da duración desta en meses.

d) Declaración de tódalas axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades».

10.2. Engádese unha nova alínea no punto 4 relativo á selección e resolución, coa seguinte redacción:

«e) Non serán prioritarias as solicitudes relativas a candidatos que resultasen beneficiarios destas axudas nas convocatorias de anos anteriores».

Terceiro.- A presente convocatoria tramítase polo procedemento anticipado de gastos ó abeiro do establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 (DOG do 19 de febreiro) modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 (DOG do 29 de novembro) e do 25 de outubro de 2001 (DOG do 29 de outubro) pola que se regula a tramitación anticipada de gastos, quedando condicionada a adxudicación definitiva á existencia de crédito adecuado e suficiente no ano 2004 nas aplicacións orzamentarias indicadas no punto primeiro desta resolución.

Cuarto.-Os modelos oficiais de solicitudes: PXI01, PXI02, PXI03, PXI04, PXI05, PXI06, PXI07, PXI08, PXI09, PXI10, as primeiras páxinas dos cales se publican como anexos I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII, IX e X á presente orde, substitúen os anexos X a XIX da Orde do 1 de abril de 2002 e estarán ó dispor dos interesados de forma íntegra nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos enderezos http://www.dxid.org.

Os solicitantes das axudas que se contemplan nesta orde que non pertenzan a organismos públicos, poderán acudir individualmente á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), á Consellería de Economía e Facenda e á Seguridad Social para solicita-la expedición do certificado de estar ó día das obrigas tributarias estatais, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridad Social ou cubrir e asinar debidamente asinada a autorización que figura nos correspondentes modelos de solicitude para os efectos de que a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poida solicita-la dita información por vía informática.

Os solicitantes dalgunha das axudas que se convocan nesta orde que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin, a autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo de que depende o dito hospital.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL