Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2003 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rematados os traballos do reparto do fondo de acción social para o ano 2003 e de conformidade co establecido nos puntos 6 e 7 do acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 2003 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza nesta Comunidade Autónoma, ó que se lle deu publicidade por Resolución do 7 de maio de 2003 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 2 de outubro de 2003 pola que se anunciaba a exposición pública das listas provisionais (DOG nº 196, do 9 de novembro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar e darlles publicidade ás listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ós programas I, II e III: axuda fillos e estudios fillos, estudios funcionarios e axuda minusválidos respectivamente, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia.

Segundo.-Que a contía do programa I verase incrementada polos sobrantes do programa II e III.

Terceiro.-Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou ser impugnada directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigos 14, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza