Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de novembro de 2003, do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa, pola que se notifican as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SANC/MG/58/03 e outro máis).

O director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dictou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñe-la sanción de multa que en cada caso se indica, acordouse ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infración nun prazo de 15 días contados desde a notificación (artigo 47.3ª LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4ª LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria por conta do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio deste, e segundo dispoñen os artigos 59.5º e 61 da devandita norma legal, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o contido das referidas resolucións recaídas nos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora en materia de estradas.

Os interesados despoñen dun prazo de dez días, computados dende o día seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente sancionador depositado no Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, sito nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que as ditas resolucións sancionadoras esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os prazos de interposición de cadanseu recurso será respectivamente, dun mes e de dous meses computados desde o día seguinte ó do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de se-lo caso.

As sancións impostas deberán facerse efectivas mediante ingreso en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 01 ou Caixanova, recadación Xunta, modelo XTAX, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

José Antonio Domínguez Varela

Xefe do Servicio de Xestión

Xurídico-Administrativa

ANEXO

-Expediente-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Estrada-p.q.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

SANC/MG/58/03Pumaycar, S.L.

Camiño Campo de Fútbol. nº 59

Valladares (Vigo)

Verter entullo na zona de influencia da estrada.

21-1-2003; PO-261; p.q. 2+700

Art. 43.4º

a), c), h)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

1.202,02 A

SANC/MG/60/03Pub La Bolera

A Barca-Castrelo

Cambados (Pontevedra)

Instalación de cartel publicitario en zona de dominio público.

23-6-2000; C-550; p.q. 32+900

Art. 43.4º g)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

1.202,02 A