Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de novembro de 2003, do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa, pola que se notifican as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SANC/99/03 e sete máis).

O director xeral de Obras Públicas en exercicio das súas competencias dictou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñe-la sanción de multa que en cada caso se indica, acordouse ordenar tamén, nos expedienes sinalados cun asterisco, a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infración nun prazo de 15 días contados desde a notificación (artigo 47.3ª LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4ª LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5º e 61 da devandita norma legal, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o contido das referidas resolucións recaídas nos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora en materia de estradas.

Os interesados despoñen dun prazo de dez días, computados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente sancionador depositado no Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, sito nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que as ditas resolucións sancionadoras non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ó remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de se-lo caso.

As sancións impostas deberán facerse efectivas mediante ingreso en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 01 ou Caixanova, recadación Xunta, modelo XTAX, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

José Antonio Domínguez Varela

Xefe do Servicio de Xestión

Xurídico-Administrativa

ANEXO

-Expediente-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Estrada-p.q.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

Sanc/99/03Manuel Ramírez Jiménez e Argentina Ramírez Montoya

Barrio Balada-Borreiros

Gondomar (Pontevedra)

Realizar obra non permitida en zona de servidume.

12-9-2002; A-52; p.q. 6+420

Art. 43.3º a)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

3.005,06 A

Sanc/100/03Joaquín Pérez Santos

R/ Primeira Travesía, Juan Bautista Andrade

(Pontevedra)

Danos a elementos funcionais da estrada.

12-5-2002; C-531; p.q. 10+100

Art. 43.3º b)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

300,51 A

Sanc/101/03Santiago A. Beiro Alves

R/ Rosalía de Castro, nº 1, 2º A

Vigo

Danos a elementos funcionais da estrada.

26-11-2001; PO-331; p.q. 16+500

Art. 43.3º b)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

300,51 A

Sanc/103/03Promociones Jocal-Vigo, S.L.

R/ Xílgaro, nº 14 9º A

Vigo

Incumprir algunha das prescricións impostas na autorización.

14-8-2001; PO-395; p.q. 5+900

Art. 43.3º a)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

3.005,06 A

Sanc/104/03Juan Álvaro Pino

Leirado. Salvaterra do Miño

Pontevedra

Realizar sen autorización recheo na zona de influencia da estrada, e colocación dun contenedor.

24-11-2000; PO-402; p.q. 7+850

Art. 43.3º a)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

300,51 A

Sanc/106/03Cartonajes Crevillente, S.A.

Estrada Estación, nº 1

Crevillente (Alicante)

Danos a elementos funcionais da estrada.

28-2-2002; VRG-4.1; p.q. 3+300.

Art. 43.3º b)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

300,51 A

Sanc/108/03Miguel Acosta Ramírez.

R/ Compte. Borrell, nº 238-3-1

Barcelona

Danos a elementos funcionais da estrada.

29-4-2002; PO-320; p.q. 4+600

Art. 43.3º b)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

300,51 A

Sanc/116/03Ana de los Reyes Brianes Beiras

R/ Duque de Rivas, nº 3

Vilagarcía de Arousa

Danos a elementos funcionais da estrada.

16-12-2002; C-531; p.q 6+700

Art. 43.3º b)

Lei 4/1994

Art. 47.1º

Lei 4/1994

300,51 A