Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se somete a información pública o documento complementario ó Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros (ampliado a Bergondo e Sada).

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 5 de decembro do 2003, amplia-la incidencia supramunicipal do Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros ós concellos de Bergondo e Sada, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3 da devandita lei e no artigo 13.2º do decreto dictado en aplicación desta, sométese a información pública o documento complementario ó Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros (ampliado a Bergondo e Sada) por un prazo de dous meses, contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examinalo, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña e nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Bergondo e Sada, e presentar ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas