Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de novembro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (González Docampo, Carmen e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recursos de reposición, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3º planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 20 de novembro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

González Docampo, Carmen

DNI: 35897533-R

Avda. Castelao, 68-8º A

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. D-135/2000

RR. 153/2001

InteresadoProcedemento

Martínez Cid, S.L.

NIF: B36703817

Eduardo Iglesias, 20-entresollado

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 24120/1999

RR.56/2002-RX: 115/2002

Proyectos Gersa, S.L.

NIF: B36631752

Eduardo Iglesias, 20-entresollado

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 23419/2000

RR.414/2002-RX: 707/2002

Rivadulla García, José Luis (en nome e representación de Riferpro, S.L.)

DNI: 35898887-G

Avda. Santa Marina, 40

Redondela

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 1443/2000

RR.377/2002-RX: 632/2002

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA