Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.625

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE LUGO

EDICTO (429/2003).

Eu, Juan Antonio Arias García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo e o seu partido xudicial,

Fago saber que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Lugo o vintenove de outubro de dous mil tres.

Vistos por Darío Antonio Reigosa Cubero, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal 429/2003, seguidos por instancia de Sabino González Fernández, representado polo procurador José Carlos Lagüella Andrade e baixo a dirección letrada de Rafael Rossi Izquierdo, contra posibles interesados na herdanza xacente de José Luis González Latas, en rebeldía, Patricia González Méndez, igualmente en rebeldía, e contra Pablo González Méndez,

Decido que estimando a demanda formulada por Sabino González Fernández, representado polo procurador José Carlos Lagüella Andrade, contra posibles interesados na herdanza xacente de José Luis González Latas, en rebeldía; Patricia González Méndez, igualmente en rebeldía e contra Pablo González Méndez, debo declarar e declaro a propiedade do actor sobre a totalidade do predio nº 3-101, froito da acta de reorganización da propiedade da zona de San Miguel de Orbazay, de secaño, sita no lugar de Xuxaos, concello de Lugo, que estrema polo norte con camiño, polo sur con terreo excluído e o predio 3-100 de Eduardo González Sánchez, polo leste 3-100 e polo oeste 3-100, cunha superficie aproximada de vintecinco áreas, inscrito no tomo 844, libro 424, folio 98 do Rexistro da Propiedade de Lugo, condenando os demandados a estaren e pasaren polo dito pronunciamento, sen facer un especial pronunciamento en canto ás custas.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe a posibilidade de interpor perante este xulgado recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación perante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde terceiros interesados na herdanza xacente de José Luis González Latas, como consecuencia do seu ignorado paradoiro, esténdese a presente.

Lugo, trinta e un de outubro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado