Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.626

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (713/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 713/2003, por instancia de Manuel Cagide Cagide contra Construcciones y Promociones Esparcir, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia o 5 de novembro de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Manuel Cagide Cagide, contra a empresa Construcciones y Promociones Esparcir, S.L., declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Construcciones y Promociones Espacir, S.L.a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 1.609,93 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 3.213,3 euros.

Notifíqueselles a presente resolución as partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante ese Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604 0000 60 0713 03 de Banesto (0030) desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento, deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestarlle os seus servicios á demandada, a menos que ela prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Promociones Esparcir, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado