Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.625

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE VIGO

EDICTO (81/2000).

Eu, Eugenio Antonio Álvarez Muñoz, secretario do Xulgado de Familia de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos que se dictou o seguinte auto.

En Vigo, 15 de setembro de 2003. Vistos por Ana María Enríquez Magallanes, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Familia de Vigo, estes autos de execución de títulos xudiciais número 81/2000, por instancia do procurador Luis Pedro Lanero Táboas, en representación de María Esther Méndez Rodríguez, maior de idade, con domicilio en Sobreiro, 11. Donas. Gondomar, defendida pola letrada María Teresa Pedreira Prieto, contra Joaquín Pérez Álvarez, maior de idade, en situación legal de rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Dispoño que, estimando a demanda de execución formulada polo procurador Pedro Lanero Táboas en nome e representación de María Esther Méndez Rodríguez, contra Joaquín Pérez Álvarez, establécese a obriga do esposo de aboar, en concepto de alimentos para os seus fillos, a suma de 90 euros mensuais, cantidade que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tal efecto designe a esposa, e que será anualmente actualizada en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa.

Non procede facer declaración especial sobre condena das custas procesuais causadas neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se preparará por escrito ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación a Joaquín Pérez Álvarez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Vigo, o 29 de setembro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE LUGO