Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Cultura, Comunicación Social e Turismo; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e do organismo autónomo Augas de Galicia.

As especiais dificultades materiais e técnicas que esixe o desempeño de determinadas funcións realizadas por persoal laboral que presta os seus servicios nas consellerías de Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Cultura, Comunicación Social e Turismo; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e do organismo autónomo Augas de Galicia, esixen a inclusión nas correspondentes relacións de postos de traballo, do

complemento salarial de singularidade de posto por perigosidade, toxicidade ou penosidade, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Ademais da inclusión do complemento salarial de singularidade de posto, referido anteriormente, e respecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a escolarización de alumnos con minusvalidez física ou psíquica en centros ordinarios, fai necesario a creación de postos de coidador auxiliar, coa seguinte modificación da relación de postos de traballo da referida consellería.

Respecto da Consellería de Innovación, Industria e Comercio a entrada en vigor do Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a nova estructura orgánica da citada consellería, supuxo non só a asunción senón a ampliación das competencias e funcións que tiña atribuídas a antiga Consellería de Industria e Comercio, polo que se fai necesario a modificación da actual relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta das referidas consellerías, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil tres, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Cultura, Comunicación Social e Turismo; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e do organismo autónomo Augas de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación das ditas modificacións no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Os efectos económicos dos complementos salariais de singularidade por perigosidade, toxicidade e penosidade retrotraeranse ó día 1 de xaneiro de 2003.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do cinco de decembro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Cultura, Comunicación Social e Turismo; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e do organismo autónomo Augas de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Observacións:

(1)B10//B11.
(2)B10//B11//Ocupado por funcionario.
(3)B10//B11//B18.
(4)B11.
(5)Xornada de mañá/tarde//B10//B11.
(6)Xornada de mañá ou tarde//B10//B11.
(7)Xornada de mañá ou tarde//B10//B11//B18.
(8)B18//A tempo parcial 10 meses e 10 días.
(9)A tempo parcial 9,5 meses//B18//Itinerante.
(10)Media xornada//A tempo parcial 9,5 meses//B18//Itinerante.
(11)A tempo parcial 9,5 meses//Nocturnidade//B18.
(12)A tempo parcial 9,5 meses//B18.
(13)Media xornada//A tempo parcial 9,5 meses//B18.
(14)A tempo parcial 9,5 meses//B10//B18.
(15)A tempo parcial 9,5 meses//Nocturnidade//B10//B18.
(16)B18.
(17)Ocupado por personal laboral fixo a extinguir.
(18)Ocupado por persoal laboral fixo.
(19)Sen dotar orzamentariamente.
(20)Dispoñibilidade horaria.
(21)B10//B11//Cando sexa vacante transformar en: axente auxiliar de inspección (grupo III, categoría 1).
(22)Ocupado por persoal laboral fixo a extinguir//Dispoñibilidade horaria.
(23)B10.
(24)Horario especial//B10.
(25)Horario especial//B10//B18.
(26)Dispoñibilidade horaria//B11//B18.
(27)Dispoñibilidade horaria//B10//B18.

(28)B10//B18.
(29)Nocturnidade//B10//B18.
(30)B11//Cando sexa vacante transformar en: auxiliar de laboratorio (grupo IV, categoría 11).
(31)B11//Ocupado por encargado agrario (grupo III, categoría 11).
(32)B11//Ocupado por oficial 2ª de campo (grupo IV, categoría 9).
(33)Laboral fijo-discontinuo//B10.
(34)B11//Cando sexa vacante transformar en: celador/a 2ª (vixilante de recursos naturais).
(35)B10//A reconverter en xefe de grupo.
(36)B10//Ocupado por oficial 2ª (grupo IV, categoría 18).
(37)Media xornada//18,75 horas semanais//B18.
(38)Fin de semana//B18.
(39)Fin de semana//B10.
(40)Media xornada//B18.