Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.554

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 434/2003, do 27 de novembro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do regulamento de réxime interno deste, (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Marta Amate López en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA