Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.517

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (550/2003).

Eu, Misael León Noriega, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fago saber que no procedemento de demanda 550/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Eduardo Santos González Magadan contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, Vigilancia y Seguridad del Principado de Asturias, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, dictouse con data de 4 de novembro de 2003, sentencia que ten como parte dispositiva copiada o seguinte teor literal:

«Decido que estimo parcialmente a demanda interposta por Eduardo Santos González Magadan contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, Vigilancia y Seguridad del Principado de Asturias, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salaria e declaro a improcedencia do despedimento do actor, condenando a empresa Inversiones y Seguridad a que, á súa elección, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte mediante escrito ou

comparecencia peratne a secretaría deste xulgado do social, entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir-lo despedimento ou ó aboamento dunha indemnización en contía de 2.675,67 euros (dous mil seiscentos setenta e cinco euros con sesenta e sete céntimos), equivalente a 45 días de salario por ano de servicio, máis os salarios deixados de percibir desde a data de despedimento ata a de notificación da presente, que ata o día de hoxe ascenden a 4.201,67 euros (catro mil douscentos un euros con sesetna e sete céntimos), e no caso de que se optase pola readmisión ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde que se produciu o despedimento ata a data de notificación da presente ou ata que atopase outro emprego se se acreditase tal colocación e que ascenden ata a data presente á cantidade xa mencionada de 4.201,67 euros, respondendo subsidiariamente e dentro dos límites o Fondo de Garantía Salarial, e absolvo a empresa Vigilancia y Seguridad

del Principado, S.L. de tódolos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes adevertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentencia, ou por simple manifestación no momento en que lle practique a notificación. Advítaselle igualmente ó recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuita, que deberá desposita-la cantidade de 150,25 euros na conta aberta na oficina principal de Banesto, a nome deste xulgado co número 3359000065055003, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a súa formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentencia ó pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta no anteiror banco

a nome deste xulgado, co número de conta citado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga consta-la responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Cristina García Fernández, rubricado e selado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa demandada Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Oviedo, catro de novembro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado