Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de novembro de 2003, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Jaifer Servicios Inmobiliarios, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e emprázase o interesado, ou ó seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de novembro de 2003.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Debedor: Jaifer Servicios Inmobiliarios, S.L.

NIF: B36749174.

Data da dilixencia: 4-11-2003.

Descrición: providencia de poxa.