Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de novembro de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Alemana de Muebles de Cocina Xenín e dez máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada os interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase os interesados ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17, 1º A) no prazo de dez

días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito plazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de novembro de 2003.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData da dilixenciaDescrición do ben

Alemana de Muebles de Cocina XenínA151198113-11-2003Predio 3584206NJ6138S0001JW; Rex. Prop. catastro

Barco Mateo, Carmen33238083R31-10-2003Predio 21164; Rex. Prop. Negreira

Calzas Rodríguez, Mercedes33183725S9-7-2003Predio 7453.0; Rex. Prop. Corcubión

Fernández Alvarellos, Celia32108093R28-5-2002Valoración núa propiedade predio 24.049; Rex. Prop. A Coruña 1

Fernández Requejo, Alberto33278805J15-10-2003Vehículo matrícula C-5347-AU

Pérez Naveiro, Joaquín76463070F17-6-2003Predio 13363.0; Rex. Prop. Noia

Servicio y Gestión del Norte, S.A.A152009425-11-2003Predio 9814709NH3591D0001AH; Rex. Prop. catastro

Servicio y Gestión del Norte, S.A.A152009425-11-2003Predio 9814708NH3591D0001WH; Rex. Prop. catastro

Servicio y Gestión del Norte, S.A.A152009425-11-2003Predio 9814707NH3591D0001HH; Rex. Prop. catastro

Vecino Seoane, Purificación76317213Q31-10-2003Predio 22575; Rex. Prop. A Coruña 3

Vecino Seoane, Purificación76317213Q31-10-2003Predio 23959; Rex. Prop. A Coruña 3