Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.517

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (38/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado dos do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 38/2001, por instancia de Salvador Antonio Bollo García contra a empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L. e outros, sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 27-10-2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Salvador Antonio Bollo García contra a empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L., a empresa Armando Lorenzo Luaces, a empresa Antonia Varela Pérez, a empresa Fernado Álvaro Santodomingo Fernández e o Fondo de Garantía Salarial debo condenar e condeno a demandada Carrocerías Armando Lorenzo, S.L. a que lle aboe á actora a cantidade de 920.715 pesetas (5.533,61 euros) para tódolos conceptos reclamados en demanda, e absolvo o Fondo de Garantía Salarial e o resto das empresas codemandadas.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación ante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que no momento de anuncialo, o recorrente, se é empresario, presente ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 000 60 038 01, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse aa consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se poderá facer consta-la responsabilidade solidaria del avalista; sen este requisito

non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais la cantidad de 150,25 euros na mesma conta 5605 000 60 038 01, entregándose o xustificante en secretaría en el momento de interpo-lo recurso, declarándose este desistido de non se constituí-lo dito depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes ó da notificación da sentencia, perante este xulgado do que coñecerá no seu caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado