Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.516

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE FERROL

EDICTO (258/1999).

No xuízo citado dictouse a sentencia que por testemuño se xunta ó presente edicto.

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícaselle a citada sentencia á Comunidade Hereditaria de Manuel Bellón Rodríguez, Comunidade Hereditaria de Luz María de las Nieves Costa Penabad, Avelino Picallo Pantín e a Edelmira Rey López, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se preparará, por escrito, dentro do prazo de cinco días a partir da publicación do presente edicto.

Ferrol, dez de outubro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado

«Decido que, desestimando a demanda formulada por Andrés Martínez Díaz e Cesárea Pardo López contra Josefina López Mahía e Ángel Sanchez García, por falta de lexitimación pasiva, e contra Panificadora del Noroeste, Juana Crego, Manuel Bellón, Carmen Vizoso, Ángel Antonio Pérez, Amelia Vigo, José Mato, Elvira Roca (estes dous últimos, por non se acepta-la avinza á demanda), José Franco, Julia Fernández, Fernando López, Mª del Pilar Bello, Emiliana Juliana Robles, Avelino Picallo, Edelmira Rey,

Higinio José Aneiros, Rosa Gómez, Ramón Taboada, José Antonio Ferreras, Mª Rosa Fraga e os herdeiros de Luz Mª de las Nieves Costa, debo absolver e absolvo os demandados, sen imposición de custas á parte actora, salvo as correspondentes a Josefina López e Ángel Sánchez, que se lle imporán a aquela parte.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. O maxistrado. Rubricado».