Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.516

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello do 25 de setembro de 2003, que resolve definitivamente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 89 do 9 de maio de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 25 de setembro deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó/á funcionario/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contar a partir do día seguinte ó do cesamento e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación (ou publicación no DOG), de conformidade co establecido nos artigos 10.1º.ap.c e 46.1º da Lei 29/1988, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación (ou publicación no DOG), segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3530554524 A0014.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Sieiro Piñeiro, Pilar.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Número do posto: 037.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

FERROL