Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de pesca relacionados no anexo e de referencias OU-005/03-P, OU-013/03-P e OU-029/03-P devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei sobre pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles

contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 10 de novembro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-005/03-P.

Denunciado: Francisco Javier Caride Freijedo.

DNI: 76705044-K.

Último enderezo coñecido: A Grela, 9. 32130 San Cristovo de Cea.

Feito denunciado: pescar sen licencia. Negarse a entrega-la cana.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º e art. 34.20º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 450,76 A de multa, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente: OU-013/03-P.

Denunciado: Javier Soto Pérez.

DNI: 10070203-K.

Último enderezo coñecido: avda. de Galicia, 1311. 24400 Ponferrada. León.

Feito denunciado: ter unha cana de pescar a unha distancia superior a 3 metros.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.3º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 A.

Expediente: OU-029/03-P.

Denunciado: César Penedo González.

DNI: 34939659.

Último enderezo coñecido: r/ Encarnación, 27.1º. 32800 Celanova.

Feito denunciado: pescar en tramo acotado sendo titular do permiso do coto cando este non se leve consigo.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.2º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 30,05 A.